Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a protección dos activos europeos en e desde o espazo – H2020-PROTEC-2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Horizonte 2020 debe levarse a cabo cunha visión de contribuír directamente a promover o liderado industrial, o crecemento e o emprego, así como o benestar dos cidadáns europeos.
Deste xeito, o programa ten por obxectivo acadar solucións innovadoras e efectivas no eido dos satélites e lanzadeiras.

Obxectivo específico da convocatoria

Reducir o impacto das colisións entre satélites activos e lixo espacial:
- previr e evitar a adición de máis lixo espacial á xa elevada cantidade de lixo existente;
- axudar nas solucións de desórbita dos satélites e lanzadeiras ao final da súa vida operativa;
- protexer os satélites de impactos ocasionados por lixo.

Eidos de actuación

Accións de investigación e innovación: desenvolvemento e avaliación de conceptos e tecnoloxías necesarios para unha desórbita segura e unha boa dispoñibilidade dos obxectos espaciais; desórbitas planificadas no caso de fin de vida útil; abastecemento seguro de novos satélites; aspectos legais.

Destinatarios

Poderán ser elixibles para recibir fondos do programa Horizonte 2020 as entidades xurídicas establecidas nos 28 Estaos Membros da UE e nos seus territorios de ultramar.

Orzamento total da convocatoria

6,5 millóns de euros

Data de publicación

11/12/2013

Data límite de solicitude

08/04/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais. Seleccionar o país e o eido no menú desplegable:
http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

Espérase que se abra o prazo para solicitala o 4 de novembro de 2014. O sistema de envío a través da web estará accesible na data de apertura do prazo e a convocatoria trasladarase á sección de “convocatorias abertas” (open calls). No caso de que o sistema non estivese aínda aberto na data prevista e se pospoñese, a convocatoria seguiría temporalmente na categoría de “próximas convocatorias” (forthcoming calls).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante