Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de aplicacións de navegación por satélite Galileo: H2020-Galileo-2015-1

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A sociedade europea e a industria fan fronte a novos retos, que requiren dunha maior innovación, produtividade e competitividade. O EGNSS (European Global Navigation Satellite System)permite aumentar a capacidade de Europa para facer fronte os retos sociais nas áreas como saúde; seguridade cidadá; mobilidade; cidades intelixentes; seguimento e xestión dos recursos sostibles; crecemento rexional; baixas emisións de carbono;planificación de infraestruturas enerxéticas; e protección, xestión de desastres e acción polo clima, incluíndo as catástrofes naturais.

Galileo é o programa europeo de radionavegación e posicionamento por satélite. Lanzado pola Comisión Europea e desenvolvido conxuntamente pola Axencia Espacial Europea, este programa dota á UE dunha tecnoloxía independente do GPS estadounidense e o GLONASS ruso.

As propostas deben ter como obxectivo o desenvolvemento de novas aplicacións innovadoras, cun futuro impacto comercial. O seu desenvolvemento debe dirixirse cara temas de todos os segmentos del mercado. O uso de EGNOS e Galileo Early Services é unha prioridade clave.

Eidos de actuación

Na presente convocatoria distínguense tres asuntos (topics) distintos:

1. Aplicacións do EGNSS (GALILEO-1-2015). As actividades enmarcadas baixo este asuntos son:

• Explotación de sinerxias con outros servizos e sistemas baseados no espazo co fin de permitir que o carácter multiuso de EGNOS e aplicacións habilitadas para Galileo en todos os segmentos do mercado;
• Explotación das características distintivas das sinais EGNOS e Galileo e vantaxes operacionais en aplicacións derivadas;
• Preparación para o uso de “early services”, garantindo unha maior precisión e dispoñibilidade das sinais;
• Implementación de proxectos piloto para o desenvolvemento futuro das aplicacións baseadas no EGNSS;
• Normalización, certificación, aceptación legal e social; o que fomentará a adopción do EGNSS.

2. Pequenas e Medianas Empresas (PEME) baseadas en aplicacións do EGNSS (GALILEO-2-2015).

As propostas baixo este asunto deben ter como obxecto o desenvolvemento de aplicacións innovadoras e sofisticadas. O desenvolvemento destas aplicacións debe ser visto nun contexto amplo. Farase fincapé no desenvolvemento das innovacións tecnolóxicas en produtos viables con potencial comercial real, onde as pemes desempeñan un papel fundamental, dada a súa flexibilidade e capacidade de adaptación.

3. Liberar o potencial das aplicacións do EGNSS mediante a cooperación internacional (GALILEO-3-2015).

As actividades baixo este asunto permitirán o desenvolvemento de aplicacións innovadoras no contexto internacional e os estándares relacionados co impacto internacional, asegurando que os servizos do EGNSS sexan ben coñecidos e que se poidan utilizar en todo o mundo. O EGNSS debe utilizarse como a tecnoloxía de posicionamento primario. Os terceiros países serán guiados e apoiados na adaptación dos servizos e o desenvolvemento de aplicacións e asegurar que non se aplica ningunha restrición innecesaria á utilización do EGNSS. Farase fincapé nas rexións do mundo que representan un mercado atractivo para a industria europea.

Destinatarios

Entidades legalmente establecidas en Estados Membros; países e territorios de ultramar (Overseas Countries and Territories), e países asociados ao Horizonte 2020.

Socios

Mínimo 3 entidades legalmente establecidas. Cada unha desas tres entidades debe estar establecida nun Estado Membro ou país asociado diferente. Cada unha delas debe ser independente das demais.

Financiamento

Consideraranse as propostas que soliciten:

1. Aplicacións do EGNSS (GALILEO-1-2015): unha contribución da UE de entre 1,5 y 4 millóns de euros.
2. Pequenas e Medianas Empresas (PEME) baseadas en aplicacións do EGNSS (GALILEO-2-2015): unha contribución da UE de entre 0´5 y 1 millón de euros.
3. Liberar o potencial das aplicacións do EGNSS mediante a cooperación internacional (GALILEO-3-2015): unha contribución da UE de entre 0´5 y 1 millón de euros.

No obstante, isto non impide a presentación e selección de propostas que pretendan obter outras cantidades.

Se financiarán o 70% do custe total dos proxectos, a excepción das entidades sen ánimo de lucro para as que o financiamento será do 100%.

Orzamento total da convocatoria

25.000.000 de euros

Data de publicación

11/12/2013

Data límite de solicitude

08/04/2015

Documentación

Contacto

Puntos de contacto nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

O prazo de solicitude estará aberto a partir do 4 de novembro de 2014.

A presente convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 – Liderado Industrial.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante