Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) 2015 – H2020-ICT-2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O programa Horizonte 2020 divídese en tres prioridades, cada unha cos seus obxectivos específicos. Esta convocatoria de propostas axústase á prioridade de “liderado industrial”, coa que se pretende fortalecer a produtividade e a capacidade de innovación europeas e así garantir que Europa conte cunha economía avanzada, sostible e competitiva, ademais de permitir un liderado mundial nos sectores das TIC.

Obxectivo específico da convocatoria

Incentivar o liderado industrial europeo a través da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación grazas ao uso das TIC.

Eidos de actuación

As accións prioritarias previstas na convocatoria de propostas inclúen os seguintes temas:
- ICT-04-2015: A informática personalizada e de baixo consumo
- ICT-08-2015: O iImpulso da produtividade e a innovación do sector público a través dos servizos de computación en nube
- ICT-10-2015: Plataformas de conciencia colectiva para a Sostibilidade e a Innovación Social
- ICT-12-2015: A integración dos experimentos e as instalacións en FIRE+
- ICT-16-2015: Big Data - Investigación
- ICT-19-2015: Tecnoloxías para as industrias creativas, os medios sociais e a converxencia
- ICT-20-2015: Tecnoloxías para unha mellor aprendizaxe humana
- ICT-24-2015: Robótica
- ICT-25-2015: Tecnoloxías de micro e nano-electrónica
- ICT-27-2015: Fotónica KET
- ICT-28-2015: KETs TIC Transversais
- ICT-30-2015: Internet das Cousas e Plataformas para Obxectos Intelixentes Conectados
- ICT-36-2015: A contratación precomercial aberta a todos os eidos de interese público que esixen novas solucións de TIC
- ICT-38-2015: creación de asociacións internacionais e apoio aos diálogos cos países de altos ingresos
- ICT-39-2015: creación de asociacións internacionais nos países de baixos e medianos ingresos

Destinatarios

Calquera tipo de organización legalmente constituída e localizada na UE

Orzamento total da convocatoria

561 millóns de euros

Data de publicación

15/10/2014

Data límite de solicitude

15/04/2015

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Investigación (DG RTD) da Comisión Europea
Place Madou, 1, 1210 - Saint-Josse-Ten-Noode
Bruxelas (Bélxica)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante