Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Marie Skłodowska-Curie – Intercambio de Persoal de Innovación e Investigación (RISE) - H2020-MSCA-RISE-2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O esquema RISE promoverá a colaboración intersectorial e internacional a través do intercambio de investigación e innovación de persoal, e o intercambio de coñecementos e ideas dende a investigación ata o mercado (e viceversa) para o avance da ciencia e o desenvolvemento da innovación.

As pedras angulares de RISE son a transferencia de coñecementos avanzados a través do intercambio de persoal e do reforzamento de asociacións de investigación que impliquen á organizacións dos Estados Membros ou países asociados da EU e posiblemente tamén de países non europeos.

O esquema fomenta unha cultura compartida da investigación e da innovación que acolla e recompense a creatividade e o espírito empresarial e axuda a converter as ideas creativas en produtos, servizos ou procesos. Isto ten como obxectivo o intercambio de coñecementos a través da mobilidade internacional, así como intersectorial.

Eidos de actuación

O financiamento está dirixido al desenvolvemento de asociacións en forma de actividades conxuntas de investigación e innovación entre os participantes. As organizacións que constitúan unha asociación contribúen directamente á aplicación das actividades de investigación e innovación conxuntas mediante o envío e/ou por acoller o persoal seleccionado.

As actividades propostas deben aproveitar as competencias dos participantes, así como doutras sinerxías. As actividades en redes, organización de talleres e conferencias deben facilitar o intercambio de coñecementos, a adquisición de novos coñecementos e o desenvolvemento profesional dos membros do persoal de investigación e innovación.

Destinatarios

Os intercambios poden ser para investigadores noveis ou investigadores experimentados. Tamén poden incluír persoal administrativo, de xestión ou técnico de apoio ás actividades de investigación e innovación da proposta.

Socios

Mínimo 3 entidades legalmente establecidas. Cada unha desas tres entidades debe estar establecida nun Estado Membro ou país asociado diferente. Cada unha delas debe ser independente das demais.

Financiamento

O financiamento componse dun custe unitario por membro do persoal de 2.000 euros ao mes, máis un custe unitario por entidade de 2.500 euros ao mes en comisión. Este custe divídese en investigación, formación e custes de rede de 1.800 euros ao mes; e en xestión e custes indirectos de 700 euros ao mes.

Orzamento total da convocatoria

80.000.000 euros

Data de publicación

23/07/2014

Data límite de solicitude

28/04/2015

Documentación

Contacto

• Jesús Rojo
Marie Skłodowska-Curie actions on skills, training and career development
Organización: Fundación Madri+d
Enderezo: Velázquez, 76, 28001, Madrid, España
jesus.rojo@madrimasd.org
Tel: +34 91 781 65 72 - Fax: +34 91 576 60 52

• Cristina Gómez Corchete
Marie Skłodowska-Curie actions on skills, training and career development
Organización: Oficina Europea MINECO / FECYT
Enderezo: Calle Albacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, España
cristina.gomez@oficinaeuropea.es
Tel: +34 91 603 79 56 - Fax: +34 91 571 21 72

Comentarios

O prazo de solicitude estará aberto a partir do 6 de xaneiro de 2015. Tan pronto como a presentación estea aberta, o asunto [Marie Skłodowska-Curie Research and Innovation Staff Exchange (RISE), H2020-MSCA-RISE-2015] será movido á categoría das OPEN calls. Se o sistema de presentación aínda non estivera aberto na data de apertura prevista, o asunto permanecerá baixo a categoría FORTHCOMING calls.

A presente convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Ciencia Excelente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante