Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para identificar e poñer en práctica novas formas de resaltar o traballo financiado polo ERC e chegar a un público máis amplo ERC-2014-SUPPORT-1

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A través da presente convocatoria de propostas, o ERC desexa apoiar unha ambiciosa serie de accións de comunicación para promover e dar a coñecer os proxectos e os resultados financiados polo ERC en toda Europa a un público tan amplo como sexa posible, incluíndo a científicos, estudantes, medios de comunicación, responsables políticos, a comunidade empresarial e o público en xeral.

Trátase dunha convocatoria de coordinación e apoio.

Eidos de actuación

As accións irán máis alá das conferencias científicas tradicionais e adoptarán un enfoque novidoso e creativo coas seguintes características:

- A difusión de novas ideas na ciencia;
- Chegar a un público moi amplo de especialistas e non especialistas e novos públicos, tanto a nivel europeo como local;
- A celebración de eventos regulares ao longo de toda a duración da campaña;
- Estar baseada en proxectos e beneficiarios do ERC coidadosamente seleccionados, dunha serie de países e disciplinas;
- Garantir a visibilidade en toda Europa, abranguendo diferentes países e linguas;
- Garantir unha maior difusión e un forte seguimento despois dos eventos a través de actividades en medios audiovisuais, redes sociais e páxinas web.

As accións poden incluír:

- Eventos para mostrar os resultados financiados polo ERC, que fosen seleccionados, en forma de charlas curtas, potentes e atractivas dadas polos beneficiarios do ERC;
- Actividades de divulgación científica vinculadas a festivais científicos, centros e / ou museos, que son plataformas exitosas para popularizar e difundir a ciencia entre os non especialistas;
- Cooperación coas redes existentes de universidades, sociedades científicas e academias de ciencias para establecer conferencias en liña do ERC que involucren beneficiarios do ERC.

Socios

Debido ao alcance e a ambición destas tres accións, cada unha delas será executada por unha organización externa ou por un consorcio de organizacións, que deben velar pola capacidade científica e de comunicación necesarias.

Financiamento

A contribución financeira da Unión terá a forma dun reembolso de ata o 100% dos custos directos totais elixibles e aprobados, así como de financiamento a tanto alzado dos gastos indirectos sobre a base do 25% dos custos directos subvencionables totais.

Seleccionaranse un máximo de dúas propostas.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 1.600.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 48 meses.

Data de publicación

30/07/2014

Data límite de solicitude

16/12/2014

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A convocatoria englóbase no programa Horizonte 2020 - Ciencia excelente.

O procedemento de solicitude consta dunha soa fase de presentación.

A solicitude enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/9066-erc-support-2014.html#tab3

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante