Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas ERC Starting Grant - 2015 - ERC-2015-STG

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O Programa Marco de Investigación e Innovación (2014-2020) impleméntase mediante programas de traballo e programas específicos.

A prioridade ”Ciencia Excelente” (parte I do programa) ten como obxectivo reforzar e ampliar a excelencia da base científica da Unión e consolidar o Espazo Europeo de Investigación co fin de facer que o sistema de investigación e innovación da Unión Europea sexa máis competitivo a escala mundial. Consta de catro obxectivos específicos, e esta convocatoria de propostas céntrase en:

O Consello Europeo de Investigación (ERC) que proporciona financiamento atractivo e flexible para permitir a investigadores de talento e creativos perseguir as vías máis prometedoras na fronteira da ciencia.

As subvencións ERC Starting Grants están deseñadas para apoiar investigadores principais excelentes na etapa da carreira na que están a iniciar o seu propio equipo independente de investigación ou programa.

Obxectivo específico da convocatoria

Estas subvencións operan sobre unha base “ascendente”, sen prioridades predeterminadas. A convocatoria ”ERC-2015-STG” componse dun único prazo para cada un dos tres sectores principais de investigación:

• Ciencias Físicas e Enxeñaría (Paneis: PE1 - PE10),
• Ciencias da Vida (Paneis: LS1 - LS9),
• Ciencias Sociais e Humanidades (Paneis: SH1 - SH6).

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta a investigadores de calquera nacionalidade que teñan a intención de levar a cabo a súa actividade de investigación en calquera Estado membro ou país asociado.

Os investigadores solicitantes deben demostrar a natureza innovadora, a ambición e a viabilidade da súa proposta científica.

Ademais, o investigador deberá ter sido galardoado co seu primeiro doutorado polo menos 2 e ata 7 anos antes do 1 de xaneiro de 2015. O tempo transcorrido dende a efectiva obtención do primeiro doutorado pode reducirse en determinadas circunstancias debidamente documentadas.

Por outra parte, terán que ter demostrado o potencial para a independencia de investigación e probar a súa madurez, por exemplo, por producir polo menos unha publicación importante sen a participación do seu director de tese. Tamén deben ser capaces de demostrar unha traxectoria prometedora cuns primeiros logros axeitados ao seu campo de investigación e etapa da carreira. Así mesmo, deben poder demostrar un historial de invitacións a realizar presentacións en recoñecidos congresos internacionais, as patentes concedidas, os galardóns, os premios, etc.

Financiamento

A contribución financeira da Unión terá a forma dun reembolso de ata o 100% dos custos directos totais elixibles e aprobados, así como de financiamento a tanto alzado dos gastos indirectos sobre a base do 25% dos custos directos subvencionables totais.

Estas subvencións poden adxudicarse por un máximo de 1.500.000 euros para un período de 5 anos.

Non obstante, na solicitude pódese pedir ata un máximo de 500.000 euros adicionais para cubrir:

(a) os custos elixibles dunha ”start-up” dos investigadores principais que se traslade á UE ou a un país asociado como consecuencia da recepción da subvención do ERC e / ou
(b) a compra dos equipos principais e / ou
(c) o acceso a grandes instalacións.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 430.000.000 euros.

Duración do proxecto

Os investigadores financiados a través das Starting Grants deben pasar un mínimo do 50% do seu tempo de traballo nun Estado membro da UE ou país asociado e un mínimo do 50% do seu tempo de traballo no proxecto de ERC.

Ademais, deberán garantir un compromiso de tempo suficiente e a súa presenza en todo o curso do proxecto para garantir a súa correcta execución.

Data de publicación

30/07/2014

Data límite de solicitude

03/02/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A convocatoria englóbase no programa Horizonte 2020 - Ciencia excelente.

A solicitude enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/9064-erc-stg-2015.html#tab3

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante