Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Sociedades Reflexivas: Patrimonio cultural e identidades europeas H2020-REFLECTIVE-SOCIETY-2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O tema desta convocatoria versa sobre o patrimonio cultural da guerra na Europa contemporánea.

A investigación multidisciplinaria, xeograficamente equilibrada e comparativa terá como obxectivo explorar a relación complexa que as sociedades europeas contemporáneas teñen co patrimonio cultural tanxible e intanxible dos principais conflitos armados que tiveron lugar no seu territorio no século XX (non só a Primeira e a Segunda Guerra Mundial senón tamén as guerras dos Balcáns, guerras civís, revolucións, etc).

Eidos de actuación

A investigación centrarase na utilización do patrimonio cultural dos grandes conflitos armados seleccionados nas prácticas conmemorativas, os medios de comunicación, a cultura popular, o compromiso político, a educación, a preservación do patrimonio e o turismo relacionado co patrimonio cultural. Explorará e conceptualizará o papel que xoga este patrimonio cultural nas identidades locais e nacionais e nas prácticas e narrativas que sintan as bases das identidades europeas.

Explorarase os vínculos entre as tradicións nacionais do patrimonio cultural e avaliarase como se poden articular mellor, tendo en conta o impacto da guerra sobre a memoria cultural. A comparación cos casos de rexións xeográficas fóra de Europa podería afondar aínda máis os aspectos comparativos da investigación.

As accións de investigación e innovación consistirán principalmente en actividades destinadas a establecer a viabilidade unha tecnoloxía, produto, proceso, servizo ou solución nova ou mellorada.

Para tal efecto, poderán incluír investigación básica e aplicada, o desenvolvemento tecnolóxico e a integración, proba e validación dun prototipo a pequena escala nun laboratorio ou ámbito simulado.

Os proxectos poden conter demostracións ou actividades piloto de forma limitada, co obxectivo de demostrar a viabilidade técnica nun ámbito operativo.

Socios

Polo menos tres entidades xurídicas establecidas en tres Estados membros ou países asociados diferentes. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

Financiamento

A contribución máxima da UE é do 100% dos custos totais elixibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A Comisión considera que as propostas que soliciten unha contribución da UE no rango de 1,5 e 2,5 millóns de euros permitirían abordar este tema axeitadamente. Non obstante, isto non impide a presentación e selección de propostas que pretendan obter outras cantidades.

Data de publicación

10/12/2014

Data límite de solicitude

28/05/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A presente convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Retos sociais.

As solicitudes deben presentarse en liña a través do ”Servizo de Presentación Electrónica” do Portal do participante

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/2091-reflective-5-2015.html#tab3

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante