Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria (BOE) de Accións de Programación Conxunta Internacional 2014

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, elaborou unha Resolución pola que se aproba a convocatoria para o ano 2014 de Accións de Programación Conxunta Internacional 2014.

Eidos de actuación

Preténdese financiar a parte española de proxectos colaboradores que concorresen a convocatorias internacionais conxuntas das seguintes áreas temáticas:

1. Redes de Coordinación do Espazo Europeo de Investigación, en concreto:

-ERANET NEURON II, convocatoria conxunta sobre neurociencia;
-ERA IB2, convocatoria conxunta sobre biotecnoloxía industrial;
-INFECT ERA, convocatoria conxunta sobre enfermidades infecciosas;
-FORESTERRA, convocatoria conxunta sobre investigación forestal mediterránea;
-BIODIVERSA 2, convocatoria conxunta sobre biodiversidade;
-ERANET SOAR, convocatoria conxunta nas áreas de enerxía solar fotovoltaica (PV) e solar de concentración (CSP);
-NEWA ERANET, convocatoria conxunta na área de enerxía eólica;
-ERA SYN BIO, convocatoria conxunta en bioloxía sintética.

2. Cofinanciamento con Empresas Comúns baseadas no artigo 187 do Tratado de Fundación da Unión Europea, en concreto:

-Empresa Común ENIAC, convocatoria sobre nanoelectrónica;
-Empresa Común ECSEL, convocatoria sobre compoñentes e sistemas electrónicos.

3. Iniciativas de Programación Conxunta, en concreto:

-JPI Cultural Heritage and Global Change, convocatoria na área de patrimonio cultural;
-JPI A Healthy Diet for a Healthy Life, convocatoria sobre biomarcadores en nutrición e saúde.

Destinatarios

No artigo 4 da Resolución do 6 de agosto de 2014, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación detállanse as persoas xurídicas que poden ser beneficiarias deste tipo de axudas.

Financiamento

As axudas desta actuación consistirán en subvencións, non podendo ser cofinanciadas con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As axudas poderán financiar total ou parcialmente o presuposto solicitado nas propostas presentadas. A súa contía determinarase en cada caso en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Orzamento total da convocatoria

A convocatoria conta cun financiamento de 5.100.000 €.

Data de publicación

06/08/2014

Data límite de solicitude

02/10/2014

Documentación

Contacto

Máis información en:

sgpi@mineco.es
sgpint@mineco.es

Comentarios

O prazo de solicitude destas axudas está aberto dende o 17 de setembro ata o 2 de outubro de 2014.

As solicitudes presentaranse electronicamente nos termos previstos no artigo 10 da Resolución de 6 de agosto, a través das aplicacións de solicitude e de firma electrónica, dispoñibles na sede electrónica da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Con carácter previo á presentación da solicitude, a entidade solicitante deberá estar inscrita no Sistema de Entidades (SISEN), na sede electrónica da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante