Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas H2020-MSCA-ITN-2015 – Redes Marie Sklodowska-Curie de Formación Innovadora ITN (Marie Sklodowska-Curie Innovative Training Networks ITN)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Estas redes teñen por obxectivo formar unha nova xeración de investigadores creativos e innovadores, capaces de facer fronte a retos actuais e futuros, e de converter o coñecemento e as ideas en produtos e servizos para o beneficio económico e social da Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

As ITN fomentarán a excelencia e contribuirán a estruturar a investigación e a formación doutoral; ao mesmo tempo, ampliarán os lugares tradicionais de formación investigadora e académica, e dotarán aos investigadores coa combinación correcta de competencias relacionadas coa investigación e a transferencia. Aumentarán tamén as perspectivas laborais tanto no sector académico como nos no académicos, mediante a mobilidade interdisciplinaria e intersectorial, combinada cunha mentalidade orientada á innovación.

Tanto os supervisores como os investigadores deben establecer conxuntamente un Plan de Desenvolvemento Profesional. Ademais dos obxectivos de investigación, este plan comprende as necesidades profesionais e formativas do investigador, incluíndo a planificación das publicacións e a participación en congresos.

Eidos de actuación

As ITN apoian a formación investigadora conxunta seleccionada de maneira competitiva, así como programas de doutoramento levados a cabo por colaboracións entre as universidades, centros de investigación, infraestruturas de investigación, empresas, pemes e outros axentes socioeconómicos de diferentes países de Europa e de fóra. As colaboracións teñen forma de Redes Europeas de Formación (ETN), Doutoramentos Industriais Europeos (EID) ou Doutoramentos Conxuntos Europeos (EJD).

As Redes Europeas de Formación (ETN) MSCA-ITN-2015-ETN son redes de formación investigadora, compostas dun mínimo de tres beneficiarios establecidos nun mínimo de tres países europeos ou asociados. Recoméndase que proveñan dos sectores académico e non académico, e que as propostas de ETN ofrezan formación investigadora interdisciplinaria e intersectorial.

Os Doutoramentos Industriais Europeos (EID) MSCA-ITN-2015-EID teñen o obxectivo de formar investigadores altamente cualificados e de estimular o emprendemento, a creatividade e a innovación en Europa. Cada EID está composto dun mínimo de dous beneficiarios de dous Estados membros ou asociados diferentes. Polo menos un beneficiario debe estar capacitado para obter o grado de doutor, e polo menos un beneficiario debe pertencer ao sector non académico, especialmente o sector empresarial.

Os Doutoramentos Conxuntos Europeos (EJD) MSCA-ITN-2015-EJD teñen o obxectivo de promover a colaboración internacional, intersectorial e multidisciplinaria na formación doutoral europea, mediante a creación de programas de doutoramento conxuntos que conducen ao establecemento de títulos de doutoramento conxuntos, dobres ou múltiples. Están compostos dun mínimo de tres beneficiarios establecidos en diferentes Estados membros ou países asociados, e capacidades para outorgar el grado de doutor.

Destinatarios

As Redes de Formación Innovadoras (ITN) están dirixidas a investigadores noveis, é dicir, predoutorais e nos primeiros catro anos das súas carreiras investigadoras.

Financiamento

A contribución financeira da UE estará asociada á contratación de persoal investigador, gastos de formación e gastos da rede. O financiamento proporcionarase para o beneficio dos investigadores nomeados polo organismo de acollida (incluídas as dietas de manutención, gastos de viaxe, etc.). Hai unha contribución adicional para os gastos relacionados coa execución do proxecto de prácticas no organismo de acollida e coas actividades da rede, para a organización de talleres e congresos, gastos de xestión e custos indirectos.

Orzamento total da convocatoria

370 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración máxima do financiamento das ITN é de catro anos a partir da data de comezo do acordo de subvención.

Data de publicación

02/09/2014

Data límite de solicitude

31/01/2015

Documentación

Contacto

Jesús Rojo
Marie Skłodowska-Curie actions on skills, training and career development
Organización: Fundación Madri+d
Enderezo: Velázquez, 76, 28001, Madrid, España
jesus.rojo@madrimasd.org
Tel: +34 91 781 65 72 - Fax: +34 91 576 60 52

Cristina Gómez Corchete
Marie Skłodowska-Curie actions on skills, training and career development
Organización: Oficina Europea MINECO / FECYT
Enderezo: Calle Albacete, 5, 7a Oeste, 28027, Madrid, España
cristina.gomez@oficinaeuropea.es
Tel: +34 91 603 79 56 - Fax: +34 91 571 21 72

Comentarios

A presente convocatoria corresponde ao programa Horizonte 2020 - Ciencia Excelente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante