Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a personalización da atención sanitaria – single 2015 - H2020-PHC-2015-single-stage_RTD

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria do Reto Social 1: Saúde, Cambio Demográfico e Benestar financiará proxectos nos seguintes temas:

• PHC-09-2015: Desenvolvemento de vacinas para enfermidades infecciosas desatendidas e relacionadas coa pobreza: o VIH / SIDA
• PHC-15-2015: Investigación clínica en medicina rexenerativa
• PHC-33-2015: Novos enfoques para mellorar as probas de predición da seguridade humana

Obxectivo específico da convocatoria

• PHC-09-2015: As propostas deben centrarse no fortalecemento da capacidade para o descubrimento e o desenvolvemento inicial de novas vacinas para o VIH / SIDA, abordando elementos como a experiencia en probas in vitro e “in silico”, modelos predictivos en animais, ensaios de fase 0, primeiros ensaios en humanos e métodos innovadores de predición de risco.

• PHC-15-2015: Dado que o obxectivo é poñer a proba novas terapias rexenerativas, as propostas poden abordar calquera enfermidade, pero deberá xustificarse a elección.

• PHC-33-2015: Preténdese capitalizar os avances en todos os ámbitos da ciencia para entender os procesos biolóxicos complexos de relevancia toxicolóxica e identificar tempranamente marcadores de predición dos efectos toxicolóxicos nos seres humanos. Ademais, buscarse excluír o enfoque animal nas probas de toxicidade das sustancias químicas (excluíndo radio-químicos).

Destinatarios

Os proxectos deberán incluír, entre outros, ás comunidades de investigación, as PYME, a industria e as axencias reguladoras segundo corresponda.

Socios

En liña coa estratexia da Unión para a cooperación internacional na investigación e a innovación, anímase a cooperar con iniciativas similares en EE.UU. e noutros lugares, o que reportaría beneficios tanto científicos como económicos.

Financiamento

• PHC-09-2015: A Comisión considera que as propostas que soliciten unha contribución da UE no rango de 15 - 20 millóns de euros permitirían abordar este tema adecuadamente. No entanto, isto non impide a presentación e selección de propostas que pretendan obter outras cantidades.

• PHC-15-2015: A Comisión considera apropiado que as propostas soliciten un financiamento da UE en torno a 4 ou 6 millóns de euros.

• PHC-33-2015: Prevese un financiamento de entre 10 - 30 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 88.000.000 euros.

Data de publicación

30/07/2014

Data límite de solicitude

24/02/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Retos Sociais.

As solicitudes deben presentarse en liña a través do “Servizo de Presentación Electrónica” do Portal do participante.

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/calls/h2020-phc-2015-single-stage_rtd.html#tab1

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante