Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Seguridade Alimentaria Sostible 2015 (H2020-SFS-2015-2)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria financiará proxectos en 10 temas relacionados, entre outros, coa xestión sostible, a xestión de recursos xenéticos, a contaminación, a prevención de enfermidades ou a venda pública no sector agroalimentario.

Eidos de actuación

As propostas dentro desta convocatoria deberán referirse a un dos seguintes temas:

• SFS-SFS-01c-2015-2015: Avaliación da sostibilidade da produción gandeira terrestre
• SFS-SFS-02b-2015-2015: Avaliación da mellora dos sistemas de cultivo do chan
• SFS-05-2015: Estratexias para a produtividade, a estabilidade e a calidade dos cultivos
• SFS-SFS-07b-2015-2015: Manexo e uso sostible dos recursos xenéticos
• SFS-SFS-10b-2015-2015: Bases científicas e ferramentas para a prevención e mitigación de enfermidades dos moluscos cultivados
• SFS-SFS-11b-2015-2015: Consolidación da sostibilidade ambiental da acuicultura europea
• SFS-13-2015: A contaminación biolóxica dos cultivos e a cadea alimentaria
• SFS-16-2015: A loita contra a malnutrición nos anciáns
• SFS-18-2015: Granxas pequenas pero mercados globais: o papel das granxas pequenas e familiares na seguridade alimentaria e a nutrición
• SFS-20-2015: As cadeas alimentarias sostibles nas políticas públicas: o caso da política de calidade da UE e das compras de alimentos do sector público

Destinatarios

• Organismos privados
• Organizacións sen ánimo de lucro
• Pequenas e Medianas Empresas (PEME)
• Centros de Investigación / Institucións
• Autoridades Locais
• Institucións Educativas
• ONG
• Cámaras
• Goberno Central
• Empresas estatais

Financiamento

O financiamento previsto especificamente para cada un dos 10 temas nos que se divide esta convocatoria pode consultarse na páxina web da convocatoria.

A contribución financeira da UE será do 100% dos custos totais elixibles das actividades propostas.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 104.000.000 euros.

Data de publicación

25/07/2014

Data límite de solicitude

03/02/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Retos Sociais.

As solicitudes deben presentarse en liña a través do ”Servizo de Presentación Electrónica” do Portal do participante. Para acceder ao servizo hai que seleccionar o tema ao que fai referencia o seu proxecto de entre os 10 propostos.

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/calls/h2020-sfs-2015-2.html#tab1

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante