Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Crecemento Azul: Liberar o potencial dos mares e océanos 2015 (H2020-BG-2015-2)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

A convocatoria financiará proxectos nos seguintes ámbitos:

1. BG-01-2015: A mellora da conservación e a explotación sostible dos ecosistemas mariños do Atlántico.
2. BG-02-2015: Previr e anticipar os efectos do cambio climático na pesca e a acuicultura.
3. BG-07-2015: A capacidade de resposta fronte ás verteduras de petróleo e á contaminación mariña.

Eidos de actuación

Actividades de investigación e innovación segundo o tema específico da convocatoria:

1. BG-01-2015: Débense desenvolver ferramentas e metodoloxías de soporte para apoiar enfoques de xestión adaptables que permitan o bo goberno dos ecosistemas mariños do Atlántico Norte polos países limítrofes co fin de asegurar a explotación sostible dos recursos vivos ao tempo que se garante a súa preservación. Poderanse aproveitar os coñecementos de investigación relacionada que se desenvolvesen noutras concas marítimas.

2. BG-02-2015: As propostas deben facer énfase nos dous obxectivos seguintes:

a) Deben centrarse na comprensión de como o cambio climático pode afectar ás poboacións europeas de peixes explotadas máis importantes e menos resistentes e debe cubrir a diversidade dos ecosistemas e do sector pesqueiro da UE.

b) Tamén deben investigar os efectos potenciais e consecuencias do cambio climático na acuicultura, tendo en conta a diversidade das prácticas de acuicultura, as especies e as especificidades rexionais, as tecnoloxías agrícolas e os requisitos específicos das especies cultivadas europeas tanto establecidas coma emerxentes.

3. BG-07-2015: O enfoque integrado debe combinar a predición oceanográfica do comportamento da contaminación, a comprensión do impacto da contaminación incluíndo o papel das comunidades microbianas mariñas, o uso da física, química e remediación biolóxica e o seu impacto sobre os ecosistemas, o uso de buques especializados e vehículos submarinos autónomos. As propostas deben mellorar a capacidade europea de resposta operacional para este tipo de eventos, con, en particular, modelos integrados e ferramentas que se poidan probar para unha mellor preparación e apoio á toma de decisións na xestión deste tipo de eventos. Tamén deben cubrir, se é o caso, recomendacións sobre infraestruturas para axudar a protexer os ecosistemas sensibles en zonas de alto risco.

Socios

En liña cos obxectivos da estratexia da UE para a cooperación internacional na investigación e a innovación (COM (2012) 497), as propostas deben beneficiarse da inclusión de socios establecidos en terceiros países, en particular en EE.UU. e Canadá, dado o alto potencial para intercambiar coñecementos neste ámbito.

Financiamento

1. BG-01-2015: A Comisión considera que as propostas que soliciten unha contribución da UE no rango de 8-12 millóns de euros permitirían abordar este tema axeitadamente. Non obstante, isto non impide a presentación e selección de propostas que pretendan obter outras cantidades.

2. BG-02-2015: A Comisión considera apropiado que as propostas soliciten un financiamento da UE entorno aos 5 millóns de euros.

3. BG-07-2015: Prevese un financiamento de entre 4 e 6 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 36.000.000 euros.

Data de publicación

25/07/2014

Data límite de solicitude

03/02/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

A convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Retos Sociais.

As solicitudes deben presentarse en liña a través do ”Servizo de Presentación Electrónica” do Portal do participante.

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/2466-bg-01-2015.html#tab3

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante