Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas da Empresa Común Pilas de Combustible e Hidróxeno 2 - H2020-JTI-FCH-2014-1

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten como obxectivo facilitar a entrada de pilas de combustible e hidróxeno no mercado europeo de tal forma que os produtos e servizos baseados nelas se convertan nunha realidade cotiá.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos son:

• reducir o custo dos sistemas de pilas de combustible para aplicacións de transporte nun 10%;
• aumento da eficiencia eléctrica das pilas de combustible para a produción de enerxía nun 10%;
• demostrar a viabilidade da produción de hidróxeno a grande escala coa electricidade xerada a partir de fontes de enerxía renovables.

Eidos de actuación

A lista completa cos 22 temas propostos pódese consultar na páxina web da convocatoria.

Destinatarios

Nesta convocatoria poderán participar as entidades xurídicas establecidas nos seguintes países e territorios:

• Os Estados membros da Unión Europea, incluídos os seus departamentos de ultramar;
• Os países e territorios de ultramar vinculados á Estados membros.
• Os países asociados a Horizonte 2020.

Así mesmo, tamén poderán participar as organizacións internacionais de interese europeo.

Socios

Número de socios segundo a acción:

• Acción de Investigación e Innovación:
Tres persoas xurídicas. Cada un das tres estará establecida nun Estado membro diferente ou país asociado. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

• Acción para a Innovación:
Tres persoas xurídicas. Cada unha das tres estará establecida nun Estado membro diferente ou país asociado. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

• Acción de Coordinación e Apoio:
Unha entidade xurídica estará establecida nun Estado membro ou país asociado.

Financiamento

Tipo de financiamento segundo a acción:

• Acción de Investigación e Innovación: o 100% dos custos subvencionables.
• Acción para a Innovación: o 70% dos custos subvencionables (salvo para as entidades sen ánimo de lucro que será do 100%).
• Acción de Coordinación e Apoio: o 100% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 93,00 M€

Duración do proxecto

A duración prevista para cada actividade pode consultarse na páxina web da convocatoria.

Data de publicación

09/07/2014

Data límite de solicitude

06/11/2014

Documentación

Contacto

Contactos nacionais

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

As solicitudes deben presentarse en liña a través do ”Servizo de Presentación Electrónica” do Portal do participante

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/home.html

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante