Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Clean Sky 2 - Core partners wave 1 - H2020-CS2-CPW01-2014-01

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Clean Sky 2 (CS 2) apoiará a competitividade do sector aeronáutico europeo. Polo tanto, financia proxectos para desenvolver e probar novas tecnoloxías que incrementen a eficiencia do combustible dos avións, de forma que se reduza o CO2, o NOx e as emisións de ruído entre un 20% e un 30%.

É o maior programa de investigación no ámbito da aviación que se ten realizado. Con el preténdese conseguir que as futuras aeronaves sexan máis limpas e máis silenciosas, ademais de axudar a que Europa manteña a súa vantaxe tecnolóxica.

Eidos de actuación

A primeira convocatoria de Clean Sky 2 inclúe 29 temas entre os que destacan: facer que os materiais sexan máis lixeiros, uns módulos e compoñentes que permitan máis eficiencia do combustible, uns motores máis silenciosos, así como unha mellor distribución da enerxía a bordo.

A lista completa dos temas propostos pódese consultar na páxina web da convocatoria.

Destinatarios

Nesta convocatoria poderán participar as entidades xurídicas establecidas nos seguintes países e territorios:

• Os Estados membros da Unión Europea, incluídos os seus departamentos de ultramar;
• Os países e territorios de ultramar vinculados á Estados membros.
• Os países asociados a Horizonte 2020.

Así mesmo, tamén poderán participar as organizacións internacionais de interese europeo.

Socios

Prevese a posibilidade de que varias entidades legais participen conxuntamente formando un consorcio, converténdose así en socios principais e realizando o traballo técnico.

Un Clúster só pode presentar unha solicitude se constitúe unha única entidade xurídica.

Financiamento

O financiamento previsto especificamente para cada un dos 29 temas nos que se divide esta convocatoria pode consultarse no programa de traballo Clean Sky 2 Joint Undertaking para 2014-2015.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 206.000.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista para cada actividade pode consultarse no programa de traballo Clean Sky 2 Joint Undertaking para 2014-2015.

Data de publicación

09/07/2014

Data límite de solicitude

15/10/2014

Documentación

Contacto

Servicio de asistencia técnica Clean Sky 2 (Helpdesk):

Info-Call-CPW-2014-01@Cleansky.EU

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Comentarios

As solicitudes deben presentarse en liña a través do ”Servizo de Presentación Electrónica” do Portal do participante

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/home.html

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante