Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas no marco do programa de traballo de 2014 da Asociación Público-Privada de Bioindustrias - H2020-BBI-PPP-2014

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria encádrase dentro do programa de traballo da asociación público-privada entre a UE e o Consorcio de Industrias de base biolóxica (BIC).

Entre as prioridades deste programa está a duplicación da proporción de produtos químicos de base biolóxica que se producen en Europa (do 10% ao 20%); o aumento da mobilización da biomasa nun 10%, así como a redución das importacións de proteínas para alimentación nun 15% e dos fertilizantes utilizados para a produción de materias primas nun 10%.

Obxectivo específico da convocatoria

Nesta primeira convocatoria hai 16 temas cos que se quere aproveitar as tecnoloxías innovadoras co fin de converter os recursos renovables sen explotar, así como os residuos, en produtos cotiáns máis ecolóxicos tales como alimentos, pensos, produtos químicos, materiais e combustibles, todo de orixe e fabricado en Europa.

Eidos de actuación

As áreas temáticas que se financiarán son:

• BBI.VC1.R1: Pre-tratamento eficiente de materia prima lignocelulósica para os produtos químicos e biomateriales de base biolóxica avanzada
• BBI.VC2.R2: Novas tecnoloxías sostibles para a fabricación de pasta
• BBI.VC2.R3: Novos produtos procedentes da explotación sostible da pasta de celulosa
• BBI.VC3.R6: Procesos de fermentación para a obtención de bio-surfactantes e carbohidratos especiais provenientes de correntes agrícolas e agroindustriales
• BBI.VC3.R7: Produtos proteicos dos residuos vexetais
• BBI.VC3.R8: Compostos bioactivos de bioconversión de meso-organismos
• BBI.VC4.R9: Produtos valiosos procedentes de cadeas de residuos biolóxicos heteroxéneos
• BBI.VC4.R10: Recuperación de nutrientes a partir das correntes de refugallos e residuos de orixe biolóxica
• BBI.VC1.D1: Residuos lignocelulósicos, ácidos carboxílico, dioles e polioles
• BBI.VC1.D2: Bloques de construción químicos e materiais de valor agregado a través do procesamento integrado da madeira
• BBI.VC2.D3: Produtos avanzados provenientes de correntes de lignina celulosa da industria da polpa e o papel
• BBI.VC3.D4: Aditivos funcionais de residuos da industria agroalimentaria
• BBI.VC4.D5: Avaliación do custo eficiente do esterco a grande escala
• BBI.VC3.F1: Produtos de valor engadido procedentes dos recursos agrícolas subutilizados.
• BBI.VC2.R4: Fibras e polímeros a partir da lignina
• BBI.VC2.R5: Azucres de efluentes do proceso de fabricación da polpa e a vertedura de fibras.

Actividades a desenvolver:

• A construción de novas cadeas de valor baseadas no desenvolvemento de sistemas de recollida de biomasa e subministración sostibles cunha maior produtividade e unha mellor utilización da materia prima de biomasa (incluídos os co-e sub-produtos);

• Desbloqueo da utilización e valorización dos residuos e a biomasa lignocelulósica;

• Levar as cadeas de valor existentes a novos niveis, a través dun uso optimizado da materia prima e os fluxos industriais ao tempo que ofrece produtos innovadores con valor agregado ao mercado, creando así unha demanda do mercado e o reforzo da competitividade da agricultura da UE e das industrias forestais.

• Conseguir unha madureza tecnolóxica a través da investigación e a innovación, mediante a mellora e a realización de demostracións, así como as biorrefinerías emblemáticas que procesarán a biomasa nunha ampla gama de produtos innovadores.

Destinatarios

Poderán participar nesta convocatoria:

• as pemes;
• os centros de ensino secundario e superior;
• persoas xurídicas sen ánimo de lucro, incluíndo aquelas que leven a cabo actividades de investigación ou desenvolvemento tecnolóxico como un dos seus principais obxectivos;
• o Centro Común de Investigación (the Joint Research Centre);
• as organizacións internacionais de interese europeo.

Socios

Polo menos tres entidades xurídicas. Cada unha das tres estará establecida nun Estado membro diferente ou país asociado. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

Financiamento

A porcentaxe de financiamento para a Acción de Investigación e Innovación é do 100% dos custos subvencionables.

A porcentaxe de financiamento para a Acción de Innovación é do 70% dos custos subvencionables, e do 100% para as organizacións sen ánimo de lucro e terceiros vinculados. O restante 30% dos custos subvencionables é achegado en especie polos beneficiarios.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 50,00 M€

Duración do proxecto

-Para unha acción sobre investigación e innovación a duración típica é de ata 4 anos.

-Para unha acción sobre innovación, a duración típica do proxecto é de 4-5 anos.

Data de publicación

09/07/2014

Data límite de solicitude

15/10/2014

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html#c,contact=country/sbg/Spain/1/1/0&function_details..function_abbr/sbg//1/1/0&+contact_name/asc

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante