Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores – Convocatoria H2020-JTI-IMI2-2014-1

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Froito da asociación entre a UE e a Federación Europea de Industrias e Asociacións Farmacéuticas (EFPIA), a Empresa Común Iniciativa Medicamentos Innovadores IMI2 ten como obxectivo mellorar o acceso dos pacientes aos medicamentos innovadores e facilitar o camiño para tratamentos máis personalizados.

Obxectivo específico da convocatoria

A iniciativa está destinada a proxectos de investigación e innovación centrados na diabetes e enfermidades dos ollos e axudará a que os pacientes poidan ser diagnosticados antes e a que reciban tratamentos máis personalizados. O segundo tema da convocatoria ten como obxectivo mellorar o desenvolvemento de tratamentos para a dexeneración macular relacionada coa idade e a retinopatía diabética.

Eidos de actuación

Vacinas de última xeración, medicamentos e tratamentos personalizados, novos antibióticos, coidados sanitarios sostibles e efectivos, utilización de fondos provintes do sector público e das industrias científicas para cubrir as necesidades da saúde pública, apoio á competitividade global da industria farmacéutica europea

Destinatarios

A enorme carga de enfermidades crónicas e dexenerativas vai en aumento a medida que a poboación de Europa envellece, pero se disparan os riscos e custos de desenvolver novos tratamentos, vacinas e medicamentos, ao igual que a complexidade das enfermidades e dos retos científicos.

Como pode a UE subministrar medicamentos prioritarios para todos e manter os orzamentos públicos baixo control? Ningún goberno nin sector industrial é capaz de superar estes desafíos por si mesmos, polo que a única saída é acadar unha cooperación a nivel europeo entre os sectores científicos públicos e privados.

IMI2 é unha Iniciativa Tecnolóxica Conxunta (JTI nas súas siglas en inglés) que une empresas, universidades, laboratorios públicos, pemes innovadoras, grupos de pacientes e reguladores. Facilitará o camiño cara novos tratamentos, vacinas e medicamentos que aborden os crecentes problemas de saúde a través dunha combinación de ciencia e esforzo innovador, e tamén asegurará a competitividade internacional da industria farmacéutica europea.

O novo IMI2 JTI está en funcionamento desde 2014 ata 2024 e reúne a membros da Federación Europea de Industrias e Asociacións Farmacéuticas (EFPIA nas súas siglas en inglés) e tamén está aberto a outras industrias e outros sectores.

Financiamento

IMI2 finánciase de maneira equitativa a través do orzamento da UE e do sector privado.

Duración do proxecto

O orzamento de IMI2 para 2014-2024 é de máis 3.000 millóns de euros

Data de publicación

10/07/2014

Data límite de solicitude

12/11/2014

Documentación

Contacto

Avenue de la Toison d´Or 56
1060 Bruxelles, Belgique
+32 (0)2-221 81 81
INFODESK@imi.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante