Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do ECSEL Joint Undertaking - Investigación e Accións Innovadoras - ECSEL-2014-1

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

ECSEL (Electronic Components and Systems for European Leadership) é unha asociación entre os sectores público e privado para o avance do estado da técnica dos compoñentes e sistemas electrónicos.

A Empresa Común ECSEL establécese para a execución da Iniciativa Tecnolóxica Conxunta sobre ”Compoñentes e sistemas electrónicos para o Liderado Europeo” ata 2024.

Os sistemas e compoñentes electrónicos, como os semicondutores e os chips dos ordenadores, son esenciais para todos os produtos e servizos dixitais. Os coches, avións, trens, equipos médicos e de saúde, electrodomésticos, redes enerxéticas e os sistemas de seguridade beneficiaranse do avance na capacidade europea para deseñar e fabricar este tipo de compoñentes.

Eidos de actuación

A convocatoria consiste principalmente na realización de actividades destinadas a establecer novos coñecementos e/ou explorar a viabilidade dunha tecnoloxía, produto, proceso, servizo ou solución nova ou mellorada. Para tal efecto, poderán incluír a investigación básica e aplicada, o desenvolvemento tecnolóxico e integración, proba e validación dun prototipo a pequena escala nun laboratorio ou nun ámbito simulado.

A convocatoria está aberta para os seguintes campos:

• Principais aplicacións:

-Mobilidade intelixente
-Sociedade intelixente
-Enerxía intelixente
-Saúde intelixente
-Fabricación intelixente

• Tecnoloxías esenciais:

-Tecnoloxías de procesos
-Tecnoloxías de deseño
-Cyber-physical systems
-Integración de sistemas intelixentes

Destinatarios

Poden participar na convocatoria o sector industrial, as pemes, así como as universidades.

Socios

Polo menos tres entidades xurídicas. Cada unha das tres estará establecida nun Estado membro diferente ou país asociado. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

Financiamento

O financiamento da UE concedido non superará o 50% dos custos subvencionables de acordo con Horizonte 2020.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 40 M€.

Data de publicación

09/07/2014

Data límite de solicitude

17/09/2014

Documentación

Contacto

ECSEL Servizo de asistencia técnica (Helpdesk): setupecsel@ecsel.europa.eu

Contactos nacionais

Joaquín Abati +34 913 462 511 jabati@minetur.es
José Ángel Alonso +34 913 462 297 jaalonso@minetur.es
Severino Falcón +34 914 959 554 severino.falcon@mineco.es
Paloma Dorado +34 91 581 55 66 paloma.dorado@cdti.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante