Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERC Advanced Grant. ERC-ADG-2014 (ERC-ADG)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Estas axudas ofrecen unha oportunidade de financiamento para proxectos de todas as áreas do coñecemento, cun criterio de selección baseado na excelencia científica da persoa investigadora e do seu proxecto.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria ten tres temas diferenciados, coa mesma data de finalización do prazo de presentación de propostas.

Os temas son:

• Ciencias físicas e enxeñarías, paneis PE1-PE10;
• Ciencias da vida, paneis LS1-LS9;
• Ciencias sociais e humanidades, paneis SH1-SH6.

Eidos de actuación

As investigacións propostas na ERC deben ter obxectivos ambiciosos, tanto en canto aos fitos científicos previstos, coma á creatividade e orixinalidade das formulacións. As propostas deben incluír metodoloxías novas, pioneiras ou non convencionais, e o risco estará xustificado pola posibilidade de lograr avances importantes con repercusión máis alá dun determinado ámbito ou disciplina de investigación.

Destinatarios

A convocatoria vai dirixida aos investigadores consolidados como líderes de investigación independentes, animándoos a levar a cabo proxectos de investigación pioneiros e altamente innovadores, na fronteira do coñecemento, en todos os campos de investigación.

As persoas solicitantes deben estar en activo e ter alcanzado fitos significativos na súa procura nos últimos 10 anos.

A convocatoria está aberta a investigadores de calquera nacionalidade que teñan a intención de levar a cabo a súa actividade investigadora en calquera Estado membro ou país asociado.

Socios


Financiamento

As porcentaxes indicativas para cada unha das áreas de investigación son: 44% para a área de Ciencias Físicas e Enxeñarías, 39% para a área de Ciencias da vida, e 17% para a área de Ciencias Sociais e Humanidades.

A subvención individual será de ata un máximo de 2.500.000 euros para un período de 5 anos. Non obstante, pódese solicitar unha cantidade adicional de ata un máximo de 1.000.000 euros baixo unhas condicións especiais.

Orzamento total da convocatoria

O presuposto total da convocatoria é de 450.000.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración de 5 anos.

Data de publicación

17/06/2014

Data límite de solicitude

21/10/2014

Documentación

Contacto

A proposta enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web ata o 21 de outubro de 2014 ás 17:00h (hora de Bruxelas):

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/topics/4050-erc-adg-2014.html#tab3

Comentarios

A convocatoria englóbase no programa Horizonte 2020 – Ciencia excelente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante