Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Individual Fellowships (IF) – Accións Marie Sklodowska-Curie (H2020-MSCA-IF-2014)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Mellorar o potencial creativo e innovador dos investigadores con experiencia, a través de proxectos individuais que inclúan formación avanzada e mobilidade internacional e intersectorial.

Eidos de actuación

- “European Fellowships” (“IF European”): para proxectos que se desenvolvan nun Estado membro ou país asociado. Nesta modalidade, ademais dos 8 paneis científicos de avaliación, hai dous paneis multidisciplinares: “Reintegration” (retorno de investigadores a Europa) e “Career Restart” (para investigadores non activos en investigación durante os 12 meses inmediatamente previos á data de peche da convocatoria, por exemplo, debido a maternidade/paternidade). Para estes dous casos a regra de mobilidade é diferente.
- “Global Fellowships” (“IF Global”): proxectos de un a dous anos nunha entidade fóra de Europa (“Partner organisation”), cun ano máis adicional de fase de retorno a Europa obrigatorio. A regra de mobilidade débese cumprir no país de fóra de Europa.

Destinatarios

Axudas individuais para contratar “Experienced researchers” (ER) de calquera nacionalidade. Deben ser doutores ou contar con 4 anos de experiencia en investigación a tempo completo, na data de peche da convocatoria.
Os investigadores deben cumprir a regra de mobilidade: non ter vivido ou traballado máis de 12 meses durante os 3 anos previos ao peche da convocatoria no país onde van levar a cabo a súa labor investigadora (excepción para organismos internacionais).
- A beneficiaria é a organización de acollida (“Host organisation”): unha entidade do sector académico ou non-académico, situada nun Estado membro/ país asociado.
- Enfoque “bottom-up” (non rexido por topics).

Financiamento

Finánciase o 100% dos custos elixibles

Orzamento total da convocatoria

240,50 millóns de euros (29 millóns para “Global Fellowships”)

Duración do proxecto

12-24 meses (+ 12 meses fase retorno “Global Fellowships”)

Data de publicación

12/03/2014

Data límite de solicitude

11/09/2014

Documentación

Contacto

Axencia Galega de Innovación
Rúa dos Feáns, 7 baixo
15706 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 54 10 76
E-mails: gain@xunta.es; difusion.gain@xunta.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante