Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

STF China - Programa piloto de cooperación UE-China no ámbito da ciencia e da tecnoloxía (Science & Technology Fellowship Programme in China, W3 EuropeAid/135587/DD/ACT/Multi)

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O Programa piloto de cooperación UE-China no ámbito da ciencia e a tecnoloxía é a fase piloto da acción da Comisión Europea en China co obxectivo de construír pontes entre a UE e China no dominio da ciencia e a tecnoloxía. “STF China” promoverá a mobilidade dos investigadores da UE cara China e permitirá aos investigadores da UE coñecer a cultura de investigación e a lingua chinesas para así desenvolver con éxito significativo e duradeiro contactos cos seus homólogos chineses.
O obxectivo xeral do STF é que a Unión Europea poida chegar a converterse nun socio cada vez máis crible para China, e colaborar con ese país no ámbito da investigación mediante a promoción da mobilidade dos investigadores europeos cara a área de investigación e desenvolvemento chinés.

Obxectivo específico da convocatoria

Entre os obxectivos específicos desta acción atópanse os de crear, reforzar e intensificar as relacións e asociacións UE-China, mediante o reforzo dos contactos interpersoais e a mobilidade de investigadores europeos a China, provenientes tanto do sector público como do privado e con destino a sectores estratéxicos de investigación e innovación.
A acción proposta consiste en proporcionar apoio á comunidade investigadora da UE e establecer e reforzar a cooperación a longo prazo con organizacións de investigación chinesas, todo iso mediante un programa coordinado e con obxectivos estratéxicos dedicado ao intercambio de investigadores (tanto junior como senior).

Eidos de actuación

Investigación, desenvolvemento, innovación, ciencia, tecnoloxía, cooperación UE-China, intercambio investigadores UE-China

Destinatarios

A acción da presente convocatoria baséase no apoio financeiro a terceiras partes. As condicións e restricións específicas para as persoas que soliciten estas axudas de mobilidade son:
1) Ser nacionais dun Estado Membro da UE e non ter residido xa en China con anterioridade nin ter realizado alí labores de investigación durante un longo tempo;
2) Pertencer a unha das seguintes categorías:
- estudantes de doutoramento e post-doutoramento das institucións socias;
- persoal académico e de investigación das institucións socias (incluído o sector privado);
- enxeñeiros, xestores de innovación, persoal de investigación e innovación de institucións de investigación europeas;
3) Ter un proxecto de investigación dunha duración mínima de 3 meses e máxima de 2 anos, que se poderán dividir en varios períodos. O solicitante debe propoñerse levar a cabo o proxecto en China durante o seu período de investigación.

Socios

As colaboracións dentro desta acción deben estar compostas por un mínimo de 2 organizacións europeas de 2 Estados Membros diferentes e un mínimo dunha organización chinesa.

Financiamento

Accións financiadas: subvencións por acciones. Unha acción componse dun conxunto de actividades. Neste caso, as actividades financiadas agrúpanse como segue:
Serie 1: enerxías renovables, eficiencia enerxética, solucións de enerxía sustentable para as cidades;
Serie 2: desenvolvemento urbano sustentable e planificación urbana, transporte verde urbano;
Serie 3: saúde pública e políticas de benestar (ciencias da vida);
Serie 4: información e tecnoloxías da comunicación, cidades intelixentes;
Serie 5: alimentación, agricultura, tecnoloxías bio e auga.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade global estimada para esta convocatoria é de 4 millóns de euros.

Duración do proxecto

Convocatoria para o presente ano 2014. A duración estimada para unha acción non deberá ser inferior a 36 meses e non deberá exceder os 48 meses.

Data de publicación

04/04/2014

Data límite de solicitude

23/05/2014

Documentación

Contacto

Oficina da Comisión Europea na Delegación da Unión Europea na República Popular de China
Cristina Querol Carceller
4th floor, Qian Kun Mansion, 6, Sanlitun Xi Liu Jie
100027 – Beijing
Fax: 0086-10-8454-8011
DELEGATION-CHINA-CALL-TENDER@ec.europa.eu

Comentarios


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante