Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

COS-EYE-2019-4-01. Erasmus para Xoves Emprendedores

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é expandir e fortalecer a rede de organizacións intermediarias que están a funcionar como puntos de contacto locais para emprendedores, tanto novos coma con experiencia, nos países participantes.

Obxectivo específico da convocatoria

  •  Proporcionar experiencia práctica os novos emprendedores.
  •  Promover o intercambio de experiencia e información entre emprendedores acerca dos obstáculos e desafíos de por en marcha e desenvolver a súa idea de negocio.
  • Mellorar o acceso ó mercado e a identificación de potenciais socios para empresas, tanto novas como xa establecidas, noutros países da Unión Europea, así como en países que participan no Programa COSME.

Eidos de actuación

Creación dun entorno no cal os emprendedores poidan prosperar e o emprendemento sexa premiado.

Destinatarios

Consorcios de entidades dos países membros da UE ou países participantes no programa COSME.

Socios

O consorcio deberá estar composto, polo menos, por 6 entidades de, o menos, 4 países participantes en COSME. En total, os socios non poderán ser máis de 10 e, como máximo, 2 socios poderán ser do mesmo país.

Financiamento

Ata o 75% dos custos de administración da organización intermediaria e ata o 100% da suma otorgada por organizacións  intermediarias os novos emprendedores que participen no intercambio.

Orzamento total da convocatoria

5.581.701,00 €

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto son 36 meses.

Data de publicación

14/05/2019

Data límite de solicitude

11/07/2019

Documentación

Contacto

Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME), Comisión Europea

1049 Bruselas, Bélxica

E-mail: easme-cosme-eye-call@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante