Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Mellora da participación de mulleres emprendedoras no Instrumento PEME de H2020-245-GRO-PPA-16-9386

Programa

COSME

Obxectivo xeral

A efectos deste proxecto piloto, os socios comunitarios da Rede Enterprise Europe Network (EEN) deben identificar as mulleres empresarias que lideren empresas innovadoras e promover a súa posible participación nas convocatorias de propostas do Instrumento PEME de Horizonte 2020.

Eidos de actuación

Unha indicación do tipo de obxectivos que se desexan son: 

1- Identificación e localización do grupo destinatario.
Espérase que os consorcios seleccionados desenvolvan unha metodoloxía sobre como identificar e contactar ás mulleres empresarias con potencial de solicitar con éxito o financiamento a través do  Instrumento PEME do Horizonte2020.

2- Sensibilización das mulleres empresarias.
Os consorcios deberían elaborar unha estratexia sobre a forma de sensibilizar ao seu grupo sobre:
- Os servizos da Rede EEN dispoñibles en xeral.
- Os requisitos específicos e o grao de preparación necesarios para participar no
Instrumento PEME 2020.
- As oportunidades de participar no Instrumento para as PEME, as posibles asociacións e os servizos de apoio aos beneficiarios proporcionados polos principais xestores de contas de EEN (KAM) e adestradores. 

3- Formación, asesoramento e titoría.
Os consorcios deberían proporcionar un plan detallado de formación, asesoramento e titoría para a súa destinataria/s como seguimento da información xeral proporcionada  no obxectivo  2. Os participantes deben ser seleccionados en función do potencial e o carácter innovador do seu proxecto para minimizar o risco de propostas de baixa calidade.

4- Intercambio de boas prácticas e experiencias.
Búscase que os proxectos seleccionados propoñan formas efectivas de aprendizaxe colaborativa e un servizo de titoría por parte de mulleres empresarias que solicitasen con éxito a súa participación no Instrumento PEME.

Destinatarios

- O consorcio debe estar composto polo menos catro Estados membros da UE.
- Os solicitantes que poden presentar unha proposta son as organizacións asociadas á Rede Enterprise Europe Network (EEN), dentro da Unión Europea que asinaron un acordo marco de asociación para a EEN.
- As solicitudes deberán ser presentadas por unha persoa xurídica.
- A participación do mesmo socio en máis dunha proposta non está permitida; Propostas cun membro que participa en máis dun consorcio non serán elegibles. Por tanto, anímase aos solicitantes para asegurarse que os seus socios non participarán en máis dun consorcio/proposta.

Financiamento

A subvención da UE limítase a:
- Unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 90% dos custos subvencionables.
- Un importe máximo da UE por proxecto de 250.000 €.

Orzamento total da convocatoria

500.000 € 

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

13/02/2017

Data límite de solicitude

06/04/2017

Documentación

Contacto

European Commission
DG for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs
Unit H2 Enterprise Europe Network and Internationalisation of SMEs
Enderezo:
DG for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs
Directorate H: COSME Programme
Office BREY 06/284, B-1049 Brussels, Belgium.

Comentarios

A data límite termina ás 17:00 (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante