Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Oportunidades para os emprendedores europeos na economía do consumo colaborativo-251/G/GRO/PPA/16/9953 

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Identificar e vincularse con plataformas de economía do consumo colaborativo, intercambiar experiencias con todas as partes interesadas pertinentes e axudar ás PEME europeas e ás empresas sociais con alto potencial de crecemento e a outros actores relevantes  para que aproveiten as posibilidades da economía do consumo colaborativo. A Rede axudaralles a ampliar as súas actividades mediante a creación de capacidades e a prestación de apoio para superar obstáculos.

Obxectivo específico da convocatoria

- Mapa das iniciativas e plataformas de economía colaborativa dispoñibles nas rexións, para identificar aos principais actores e apoiar a economía compartida.
- A organización e documentación de eventos para discutir o desenvolvemento da economía colaborativa en Europa.
- Avaliación das necesidades das PEME e das empresas sociais cun alto potencial de crecemento e capacidade de integración das súas actividades con estas plataformas colaborativas.
- Asesoramento personalizado aos empresarios e empresas interesadas en implementar modelos empresariais de economía compartida, asociacións e superar obstáculos.
- As historias de éxito desta iniciativa servirán de inspiración e boas prácticas para outras empresas que estean a valorar participar na economía compartida.

Eidos de actuación

1- Mapa de iniciativas de economía colaborativa.
As organizacións seleccionadas da Rede deberían identificar aos principais actores, as novas iniciativas e as rexións que cobren. As partes interesadas deberían ser identificadas dentro dunha ampla gama de gobernos locais e nacionais, empresas, o mundo académico, os medios de comunicación, etc., así como as PEME e empresas da economía social. Indicarase o valor engadido económico e social das iniciativas comerciais, así como de iniciativas cun claro valor engadido social. 

2- Organización de eventos específicos.
Os consorcios seleccionados organizarán eventos para reunir ás partes interesadas identificadas, os actores identificados durante a localización, organizacións ou empresarios que inician novas iniciativas, empresas con potencial de participación na economía compartida e as autoridades locais ou rexionais cun interese por iniciativas e plataformas locais.

3- Identificación, avaliación de necesidades e asesoramento personalizado.
Para este proxecto piloto, os consorcios seleccionados centraranse nos empresarios,
empresas e actores relevantes cun potencial e ambición de participar e ampla o seu negocio explotando as oportunidades na economía compartida.
Un dos desafíos desta acción específica é a correcta identificación dos empresarios, empresas ou partes interesadas adecuadas para beneficiarse do apoio dispoñible.

Destinatarios

- O consorcio debe estar composto polo menos catro Estados membros da UE.
- Os solicitantes que poden presentar unha proposta son as organizacións asociadas á Rede Enterprise Europe Network (EEN), dentro da Unión Europea que asinaron un acordo marco de asociación para a EEN.
- As solicitudes deberán ser presentadas por unha persoa xurídica.
- A participación do mesmo socio en máis dunha proposta non está permitida; Propostas cun membro que participa en máis dun consorcio non serán elegibles. Por tanto, anímase aos solicitantes para asegurarse que os seus socios non participarán en máis dun consorcio/proposta.

Financiamento

A subvención da UE limítase a:
- Unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 90% dos custos subvencionables.
- Un importe máximo da UE por proxecto de 400.000 €.

Orzamento total da convocatoria

2.000.000 € 

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

05/01/2017

Data límite de solicitude

20/04/2017

Documentación

Contacto

European Commission
DG for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs
Unit H2 Enterprise Europe Network and Internationalisation of SMEs
Enderezo:
DG for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs
Directorate H: COSME Programme
Office BREY 06/284, B-1049 Brussels, Belgium.

Comentarios

A data límite termina ás 17:00 (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante