Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Sensibilización sobre as obrigacións de privacidade e protección de datos para os operadores de drons civís COS-DRONES-2016-03-02 

Programa

COSME

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten por obxecto establecer unha acción destinada a axudar ás Pemes para abordar as cuestións de privacidade e protección de datos relacionadas coas operacións dos drons comerciais co fin de deseñar aplicacións aceptables para o público e cumprir coas obrigacións regulamentarias. Por mor da recomendación formulada polo Supervisor Europeo de Protección de Datos  sobre a Comunicación da Comisión, a medida reforzará a sensibilización dos fabricantes e operadores de drons comerciais por toda Europa en materia de privacidade e protección de datos, desenvolvendo e impartindo formación e animándolles a aplicar medidas adecuadas. Esta acción desenvolverá e reforzará a dimensión de privacidade e protección de datos do portal web DRONE-RULES.eu creado no marco do programa de traballo COSME 2017.

Obxectivo específico da convocatoria

Producir materiais e ferramentas dixitais para contribuír ao desenvolvemento dunha cultura de privacidade e protección de datos no sector das aeronaves non tripuladas na Unión Europea, tendo plenamente en conta as especificidades dos diferentes actores - fabricantes, pilotos e operadores- para que poidan facer fronte ás súas responsabilidades e obrigacións sobre o terreo.

Eidos de actuación

Actividades específicas:
-Módulos e ferramentas de aprendizaxe online.
-Sesións de adestramento.
-Campañas de difusión. 
-Fomento da xestión e control de calidade. 

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades públicas ou privadas que formen un consorcio.
Só son admisibles as solicitudes de entidades xurídicas establecidas nos seguintes países:
-Estados membros da UE;
-Países que participan no programa COSME de conformidade co artigo 6 do Regulamento COSME.

Socios

As propostas deben incluír polo menos dúas entidades xurídicas de dous Estados membros da UE. 

Financiamento

Ata o 90% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

450.000 € 

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto é de 24 meses

Data de publicación

20/12/2016

Data límite de solicitude

04/04/2017

Documentación

Contacto

EASME: EASME-COSME-DRONES-CALL@ec.europa.eu 

Comentarios

O prazo finaliza ás 17.00 (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante