Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Plans de apoio ao emprendemento dos migrantes - COS-MigrantsENT-2016-4-02

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Reforzar a competitividade e a sustentabilidade das empresas da UE, fomentando a cultura do emprendemento e promovendo a creación e o crecemento das pemes

Obxectivo específico da convocatoria

Conseguir que os organismos relevantes a nivel rexional e nacional traballen xuntos a nivel transnacional para intercambiar boas prácticas e lograr un maior impacto na súa área de actuación.

Eidos de actuación

- Creación de redes interrexionais e internacionais de organismos que prestan apoio ao emprendemento de migrantes.
- Organización de reunións online, seminarios e talleres nos que se xunten os organismos que prestan apoio ao emprendemento de migrantes.
- Intercambio de datos sobre os resultados e impactos dos plans existentes de apoio ao emprendemento dos migrantes.
- Avaliación dos servizos para migrantes proporcionados polas organizacións participantes.
- Mellora e desenvolvemento do apoio proporcionado aos migrantes emprendedores, incluíndo a súa extensión a dimensións adicionais.
- Transferencia ou extensión a outro país/rexión dos plans existentes.
- Establecemento de proxectos conxuntos entre as organizacións participantes, diseminación da información e asesoramento ás entidades públicas interesadas e ás organizacións de apoio a migrantes.

Destinatarios

- Autoridades e administracións públicas (a nivel nacional, rexional ou local).
- Cámaras de comercio e industria e organismos similares,
- Asociacións de empresarios e redes de apoio a empresas.
- Organizacións de apoio a empresas e incubadoras de negocio.
- ONGs, organizacións sen ánimo de lucro, asociacións e fundacións que traballen con migrantes.
- Entidades públicas e privadas especializadas en educación e formación.

Socios

O consorcio deberá de estar composto por polo menos 5 entidades constituídas legalmente que estean localizadas en polo menos 3 países distintos de entre os países que participan no programa COSME.

Financiamento

A subvención máxima cubrirá o 90% dos custos elixibles e ningún proxecto poderá solicitar máis de 375.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

1.500.000 euros.

Duración do proxecto

A duración do proxecto estimada é de 36 meses e as actividades non comezarán ata xuño de 2017.

Data de publicación

22/09/2016

Data límite de solicitude

20/12/2016

Documentación

Contacto

Todas as cuestións relativas a esta convocatoria deberán ser enviadas por e-mail a EASME-COSME-MIGRANTSENT-Call@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite para presentar unha proposta a esta convocatoria será o 20 de decembro de 2016 ás 17.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante