Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

A Comunidade Europea de mulleres Business Angels para mulleres emprendedoras- 226/G/GRO/PPA/16/9234

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta convocatoria é aumentar o número de mulleres Business Angels (WBAs) en Europa, e facilitar o financiamento a Mulleres Emprendedoras (WEs) por parte de Business Angels.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria ten 9 obxectivos específicos. Cada obxectivo representa un paquete de traballo e as accións son aplicables aos países nos que cada consorcio estará activo.
-A creación dun consorcio WBAs con socios procedentes de polo menos 4 Estados membros.
-Realizar un estudo e análise para identificar os factores de éxito, os retos e obstáculos aos que se enfrontan as mulleres para converterse en business angels, poñer en práctica unha estratexia e propoñer medidas concretas para facer fronte a estes obstáculos e aumentar o número da WBAs nas rexións do consorcio.
-Establecer unha rede e proporcionar información acerca dos membros do consorcio WBAs e propoñer formas de facilitar a cooperación da comunidade transnacional a través da plataforma electrónica europea para o espírito empresarial feminino (WEgate).
-Proporcionar un plan de captación detallado de WBAs, incluíndo un novo programa de recoñecemento de patrocinadores.
-O desenvolvemento e execución da formación e titoría das WBAs recrutadas.
-Organización da formación para as estratexias de negocio e ”pitching” para as mulleres emprendedoras.
-Organización de eventos de pitcheo.
-Estratexia de comunicacións.
-Estratexia de saída.
-Desenvolvemento da sustentabilidade da comunidade e un plan de cooperación continua.

Eidos de actuación

O Plan de Acción de Emprendemento 2020 está construído sobre tres alicerces principais:
1) Formación acerca de emprendemento.
2) Creación dun entorno onde emprendedores poidan xurdir e crecer.
3)Desenvolver modelos a seguir e poñer en contacto a grupos específicos cuxo potencial emprendedor non estea a ser aproveitado ao 100% que non son alcanzados polos medios tradicionais de apoio ás empresas.

Destinatarios

Os solicitantes deberán estar establecidos legalmente nalgún Estado membro da UE.

Socios

O consorcio deberá estar composto por un mínimo de 4 socios localizados en 4 EEMM da UE e, polo menos, un deles deberá ser unha asociación/rede/club de Business angels.

Financiamento

A Comisión cofinanciará ata o 70% do custo da acción. Cun máximo de 440.000€ por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

2,20 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 24 meses.

Data de publicación

03/06/2016

Data límite de solicitude

28/07/2016

Documentación

Contacto

Todas as preguntas relativas a esta convocatoria poden remitirse vía email á seguinte dirección:
GROW-CFP-16226-Wba@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite de presentación de propostas: xoves, 28 de xullo de 2016 ás 17:00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante