Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Mellorar o acceso das PEME á contratación pública - GRO/SME/16/B/06 COS-APP-2016-2-05

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxecto de COSME é reforzar a competitividade e a sustentabilidade das empresas da UE, fomentando a cultura do emprendemento e promovendo a creación e o crecemento das PEME.v

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo xeral desta convocatoria é contribuír a mellorar a participación das PEME nas licitacións públicas, en particular nas doutros países, a través de accións dos organismos intermedios de apoio á participación das PEME na contratación pública. Na medida en que as necesidades das PEME varían tanto dun país a outro e dun sector a outro, as organizacións que presenten propostas deben adaptar os seus servizos ás necesidades dos seus clientes. Cada proposta ten que ter unha dimensión transfronteiriza, que cubra polo menos os países representados no consorcio.

Eidos de actuación

A acción debe cubrir varios tipos de actividades, tales como:
1. O intercambio de información sobre contratación pública entre os Estados membros (alertas de licitación e guías acerca dos elementos específicos de cada país en materia de contratación pública);
2. Formación e servizos de asesoramento ás PEME (por exemplo, sobre os cambios introducidos polas novas directivas, o uso de sistemas de contratación electrónica, o desenvolvemento dunha proposta, etc.);
3. Organización de eventos;
4. Adestramento / titoría en facer unha oferta noutros Estados membros;
5. Organización de eventos entre empresas e compradores;
6. Coaching / mentoring relativo ás ofertas conxuntas;
7. Actividades de titoría entre grandes empresas e pemes, etc.

Destinatarios

- Cámaras de comercio e industria ou institucións similares
- Organizacións de apoio á empresa, centros start-up e incubadoras
- Asociacións de empresas e redes de apoio ás empresas
- Entidades públicas ou privadas que oferten servizos de apoio á empresas
- Autoridades públicas activas no apoio á participación das PEME na contratación pública

Socios

O consorcio deberá estar composto por un mínimo de 3 entidades legais de 3 Estados membros ou de países participantes no Programa COSME.

Financiamento

Estímase que EASME financie 4 propostas de proxecto con 250.000 euros aproximadamente para cada unha.
A subvención máxima que outorgará será do 75% dos custos elegibles.

Orzamento total da convocatoria

800.000 euros

Duración do proxecto

Non consta.

Data de publicación

19/05/2016

Data límite de solicitude

28/07/2016

Contacto

EASME responderá as cuestións relativas ao contido presente na convocatoria de propostas. Todas as cuestións deberán ser enviadas a EASME-COSME-PUB-PROC-CALL-2016@ec.europa.eu.
As respostas publicaranse en https://ec.europa.eu/easme/en/cosme

Comentarios

O prazo para a presentación da solicitude do formulario electrónico é ata o 28 de xullo de 2016 ás 17.00 horas
Na solicitude deberase facer referencia á convocatoria: COS-APP-2016-2-05.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante