Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Oferta de licitación para apoiar a internacionalización de operadores turísticos -EASME/COSME/2016/007.

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Poñer en contacto a operadores de distintos Estados Membros, facilitando o partenariado, o desenvolvemento de produtos transnacionais e complementariedades, así como mellorar a visibilidade dos produtos turísticos europeos transnacionais en mercados de terceiros estados e mellorar a sensibilización en relación con accións da Unión en materia de dereitos de consumidores e pasaxeiros, seguridade, accesibilidade, concesión de visados, turismo responsable e sustentable, etc.

Obxectivo específico da convocatoria

Hai tres obxectivos específicos:
Mellorar a identificación das complementariedades entre os operadores europeos que teñan interese en penetrar en mercados de terceiros Estados.
Elaborar partenariados flexibles despois dos eventos B2B.
Gañar oportunidades de negocio grazas á formación específica para a participación e con esa mesma participación nos eventos B2B e feiras internacionais.

Eidos de actuación

A entidade contratada deberá desenvolver diversos paquetes de accións que inclúen a preparación dos operadores europeos para a internacionalización entre empresas, organización de eventos e posta en contacto entre as entidades europeas e as extracomunitarias, así como a promoción en feiras internacionais.

Destinatarios

A participación nesta oferta de licitación está aberta a todas as persoas naturais ou legais dentro das previsións dos Tratados, así como a organizacións internacionais. Tamén está aberta a persoas naturais e legais de terceiros Estados sempre e cando estes teñan un acordo específico coa Unión no eido das licitacións públicas.

Financiamento

Licitación de contrato

Duración do proxecto

24 meses.

Data de publicación

10/05/2016

Data límite de solicitude

31/05/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante