Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

As accións de aplicación conxunta, baixo o plan de acción plurianual para a vixilancia dos produtos na UE - 221/G/GRO/IMA/16/1123

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Aumentar a eficiencia e a eficacia do sistema de vixilancia en Europa e mellorar a coordinación dos labores prácticos destinados a garantir o cumprimento das normas en relación coas categorías de produtos ou outras prioridades.

Obxectivo específico da convocatoria

A Comisión quere apoiar accións conxuntas de vixilancia do mercado e outros proxectos que contribúan a unha vixilancia do mercado máis eficiente e eficaz dos produtos no mercado interior.

Eidos de actuación

A Comisión ofrecerá axuda financeira para levar a cabo acciones conxuntas destinadas a garantir o cumprimento das normas, que permitan ás autoridades de vixilancia do mercado e as aduanas poñer en común os seus recursos e coñecementos e aplicar métodos favorables para as PEME.

Destinatarios

Os solicitantes deberán pertencer a :
Calquera dos 28 EEMM.
EEA- Islandia, Lienchtenstein e Noruega.
EFTA- Suíza (Pódese beneficiar da convocatoria, pero non do seu financiamento).

Socios

Para ser participe desta convocatoria e optar a financiamento deben pertencer ao proxecto polo menos 5 países pertencentes á UE ou EEA.

Financiamento

O financiamento máximo alcanzará o 80% dos custos. Para optar a ela o proxecto debe estar formado por polo menos 10 países membros da UE-EEA, para optar ao 50% polo menos de 5 (EU-EEA).

Orzamento total da convocatoria

750.000€


Duración do proxecto

36 meses máximo.

Data de publicación

23/03/2016

Data límite de solicitude

09/06/2016

Documentación

Contacto

Cordinadores da convocatoria: European Commission DG GROW Directorate Single Market Policy, Regulation and Implementation Unit Single Market Policy, Mutual Recognition and Surveillance E-mail address: GROW-CFP-16-1123@ec.europa.eu Office address: N-105 3/33, B-1049 Brussels, Belgium

Comentarios

O formulario da aplicación estará dispoñible a partir do 24 de marzo:https://ecas.ec.europa.eu/cas/wayf?loginRequestId=ECAS_LR-41120039-YsVYzkYqG2y6zzMcFfzk0ybGxU6nJJLh3Qija67Cli7lMzzHFQTwiVWxxYx48uzObrtKFXv9KCOpw9EN8cqRDM6u-Jj71zxYb8yrxyCfD39SB6O-HGyyhGuH5h7YMsIq3kYKQDa6UpjvPxwGADnZoOxW2pi&caller=%2Fcas%2Flogin

Esta convocatoria pertence o programa GROWTH.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante