Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Clusters Excellence Programme 2016: Promoción da Excelencia na xestión de clusters na UE - COS-CLUSTER-2015-3-02

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Reforzar a excelencia na xestión dos clusters na UE co fin de proporcionar máis servizos profesionais ás PEMEs europeas a través dos clusters, e polo tanto, contribuir ó desenvolvemento de máis clústers excelentes na UE.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Mellorar as habilidades dos xerentes de clusters a fin de xerar servizos de valor engadido para as PEME membros do clúster que apoien o seu crecemento e competitividade.


  • Apoiar ós xestores dos clusters no desenvolvemento dunha estratexia global para o clúster que xestionan, que sirva para apoiar o crecemento e a competitividade dos seus membros, así como una folla de ruta para a implementación desta estratexia.


  • Facilitar a colaboración entre os clusters en consorcios que operen a nivel europeo e se comprometan a aproveitar as sinerxias en actividades comunes e a desenvolver unha estratexia conxunta.


  • Promover o aprendizaxe entre clusters, o intercambio de coñecementos e experiencias, tanto a través dos clusters como entre os diversos consorcios que se formarán grazas a esta convocatoria.

Eidos de actuación

  • Acción A: Mellora das habilidades dos xerentes de clusters de cara ós servizos de valor engadido de apoio ás PEME.


  • Acción B: Desenvolvemento dunha estratexia global para o clúster.


  • Acción C: Facilitar a cooperación entre clústers e as sinerxias na mellora das capacidades e o desenvolvemento de estratexias.


  • Acción D: Sensibilización e difusión dos resultados do proxecto.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades legalmente establecidas nun Estado membro da UE ou nun país participante do COSME ó abeiro do establecido no artigo 6 do Reglamento COSME. Presentaranse formando un consorcio no que unha das entidades será designada coordinadora.

Socios

Os consorcios que se presenten deben ter solicitantes de, polo menos, tres Estados membros da UE/países participantes do COSME diferentes, habendo sempre, polo menos, un solicitante dun Estado membro./p>

Ademáis é necesario que polo menos dous solicitantes estean establecidos en rexións clasificadas como “menos desenvolvidas” ou “en transición”.

Financiamento

75% dos custes, cun máximo de 214.000 euros por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

1.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Un máximo de 24 meses.

Data de publicación

05/02/2016

Data límite de solicitude

31/03/2016

Documentación

Contacto

As posibles preguntas ou dúbidas deberán remitirse ó enderezo:


EASME-COSME-CLUSTER-EXCELLENCE-CALL-2015@ec.europa.eu .

As respostas publicaranse periódicamente en :


http://ec.europa.eu/easme/.

Comentarios

A data límite de solicitude remata o 31 de marzo de 2016 ás 17.00h (horario de Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante