Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Erasmus para Mozos Emprendedores 2016 - COS-EYE-FPA-2016-4-0

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Seleccionar consorcios transnacionais para partenariados a longo prazo (2016-2021) co obxectivo de expandir e fortalecer a rede existente de Organizacións Intermediarias, as cales actuarán como puntos de contacto locais para os emprendedores establecidos recentemente así como emprendedores con experiencia nos países participantes.

Obxectivo específico da convocatoria

a) Proporcionar a emprendedores formación no posto de traballo mentres son acollidos por empresarios establecidos en pequenas e medianas empresas noutros países participantes en COSME co fin de facilitar o éxito da posta en marcha e o desenvolvemento das súas ideas de negocio;
b) Fomentar o intercambio de experiencias e información entre os empresarios sobre os obstáculos e retos da posta en marcha e o desenvolvemento dos seus negocios;
c) Mellorar o acceso ao mercado e a identificación de socios potenciais doutros países da UE ou participantes COSME para as novas empresas e as xa establecidas;
d) Apoiar a creación de redes entre empresarios de diferentes países participantes COSME aproveitando os coñecementos e as experiencias doutros países participantes en COSME;
e) As organizacións intermediarias deberán entregar os seguintes resultados para esta convocatoria de propostas:
- Seguir desenvolvendo unha rede de novos empresarios (NEs), empresarios de acollida (HES) e Organizacións Intermediarias (OI).
- Conseguir que novos emprendedores aprendan e traballen xunto a un empresario de acollida noutro País Participante COSME.
- Crear novos negocios, negocios conxuntos e empresas spin-off e fomentar a cooperación empresarial transfronteiriza.
- Aumentar a actividade internacional e o potencial innovador dos empresarios de acollida.


Eidos de actuación

Esta convocatoria apoiará accións das organizacións que melloren e faciliten a mobilidade dos novos empresarios. Está deseñada para que os novos empresarios que desexen participar no programa fágano a través do apoio das organizacións intermediarias seleccionadas.
Co fin de acadar os obxectivos da convocatoria, as OI realizarán as actividades mencionadas a continuación e que se implementarán a través de acordos específicos:
1. Promoción do programa
2. Inscrición dos empresarios
3. Avaliación das solicitudes de novos emprendedores e de empresarios de acollida
4. Construción de relacións
5. Xestión das subvencións, compromisos e apoio financeiro aos novos emprendedores
6. Preparación do intercambio
7. Seguimento do intercambio
8. Xestión, control e avaliación da calidade
9. Networking activo
10. Realización de informes


Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas. Poden ser persoas xurídicas públicas ou privadas; os organismos deberán estar constituídos e inscritos conforme ao dereito nacional.
Estas entidades nacionais poden ser, por exemplo:
- As entidades públicas responsables ou activas nos ámbitos dos asuntos económicos, empresas privadas, ou negocios relacionados co apoio á empresa ou temas relacionados,
- As axencias de desenvolvemento rexional,
- As cámaras de comercio e industria, as cámaras de artesanía ou organismos similares,
- Organizacións de apoio ás empresas, os centros de start -up, incubadoras de empresas, parques tecnolóxicos, etc.
- As asociacións empresariais e as redes de apoio ás empresas,
- Entidades públicas e privadas que ofrecen servizos de apoio empresarial,
- As oficinas da interface de negocios da educación (superior), como as universidades ou institutos de formación profesional.
Só se tramitarán as solicitudes de entidades xurídicas establecidas nos seguintes países:
- Estados membros da Unión Europea
- Países participantes no programa COSME


Socios

O consorcio debe de estar composto por un mínimo de 5 entidades legais e un máximo de 10. Os socios deben de ser de polo menos 5 países diferentes participantes en COSME e un máximo de 2 socios por consorcio poden ser do mesmo país.

Financiamento

A subvención reembolsa ata o 90% dos custos elixibles da acción incorridos polos beneficiarios (OI). A contribución será do 75% dos custos de xestión do programa de IO, pero pode ser ata o 100% da suma asignada por OI a terceiros (subconcesionario. é dicir, os novos empresarios) que participen nunha acción de mobilidade.
A asistencia financeira aos novos empresarios que participan nunha acción de mobilidade adoptará a forma dunha escala de custo unitario dun máximo de 6 600 EUR por empresario.


Orzamento total da convocatoria

O financiamento total do proxecto é de 80 millóns de euros, podendo recibir como máximo cada proxecto 800.000 euros.

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

22/01/2016

Data límite de solicitude

05/04/2016

Documentación

Contacto

easme-cosme-eye-call@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo de presentación de solicitudes acábase o día 05/04/2016 ás 17h00, hora de Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante