Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Bens deseñados á medida do consumidor II-COS-DESIGN-2015-3-06

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Esta convocatoria busca acortar o tempo de posta no mercado de solucións innovadoras, eliminar obstáculos coa finalidade de mellorar a aplicación desas solucións, crear ou aumentar o mercado de produtos relacionados (ou servizos) e, finalmente, mellorar a competitividade das PEMES nos mercados mundiais. Ademais, existe un gran potencial para replicar as innovacións non só nas PEMEs participantes, senón tamén na cadea de demanda á vez que se xeran importantes efectos complementarios.

Obxectivo específico da convocatoria

- Aumentar a capacidade de innovación e creatividade das PEMES e, así, mellorar a súa competitividade xeral.
- Multiplicar o impacto das solucións dos proxectos e mobilizar unha ampla resposta de mercado ás novas tecnoloxías e ás devanditas solucións eliminando os obstáculos no acceso ó mercado.
- Reducir a distancia entre, por un lado, a investigación, demostración e prototipado tecnolóxico e, por outro, a comercialización.

Eidos de actuación

- Catalizar novas aplicacións do ”estado da arte” das tecnoloxías mesturadas coas solucións creativas que responden ás necesidades de novos clientes,
- Promover a colaboración intersectorial, a utilización de deseños e solucións creativas, incluíndo o uso das tecnoloxías dixitais,
-Implementar os modelos de negocios innovadores.
-Responder a tendencias actuais e futuras.
-Abordar os desafíos sociais

Destinatarios

PEMES no eido dos bens deseñados á medida do consumidor. É posible que estas participen solas ou en colaboración con outras PEMES ou/e entidades público-privadas.
É requisito indispensable que, no caso de haber consorcio, éste estea liderado por unha PEME.

Socios

É posible que haxa, pero non son necesarios.

Financiamento

50% dos custos do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

4 millóns de euros.

Duración do proxecto

Entre 12 e 33 meses.

Data límite de solicitude

14/04/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante