Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Bens deseñados a medida do consumidor (COS-DESIGN-2015-3-03)

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Esta convocatoria busca reducir o tempo de posta no mercado das solucións innovadoras, eliminar obstáculos a unha maior aplicación das devanditas solucións, xerar ou ampliar mercados e mellorar a competitividade das PEMEs europeas nos mercados mundiais. Ademais, existe un gran potencial para replicar as innovacións non só nas PEMEs participantes, senón tamén na cadea de demanda á vez que se xeran importantes efectos complementarios.


Os bens deseñados á medida do consumidor son diversos. A fronteira entre as categorías dos produtos que priman o deseño e os que priman a funcionalidade non é sempre clara. Inclúense así cadeas de valor composta por deseño, desenvolvemento de produto, operacións de manufacturación e distribución de diversos sectores.
Os sectores industriais aos que se dirixe representan un volume de negocio de aproximadamente 500.000 millóns, un valor económico engadido de 150.000 millóns de euros e empregan 5 millóns de persoas en máis de 500.000 empresas en toda a UE.

Obxectivo específico da convocatoria

Incrementar a creatividade e as capacidades de innovación das PEMEs e, polo tanto, mellorar a súa competitividade global.


  • Multiplicar o impacto das solucións de proxectos e permitir unha ampla captación de mercado de novas tecnoloxías e solucións creativas, a través da eliminación de barreiras nos mercados de difícil penetración.


  • Reducir a distancia entre, por un lado, a investigación, demostración e prototipado tecnolóxico e, por outro, a comercialización.

Eidos de actuación

Temas e prioridades:


  • Catalizar novas aplicacións do ”estado da arte” das tecnoloxías mesturadas coas solucións creativas que responden ás necesidades de novos clientes,


  • Promover a colaboración intersectorial, a utilización de deseños e solucións creativas, incluíndo o uso das tecnoloxías dixitais,


  • Implementar os modelos de negocios innovadores.


  • Responder a tendencias actuais e futuras.


  • Abordar os desafíos sociais.

Destinatarios

A convocatoria está aberta a PEMEs e outros entidades legais. No caso de PEMEs estas poden participar soas ou como parte dun consorcio.

Socios

  • Entidades legalmente constituídas. Poden ser organismos total ou parcialmente públicos ou privados.


  • Só as PYMEs poden actuar como coordinadores de consorcio.

Financiamento

A Comisión espera financiar entre 12 ou 14 proxectos, por un importe de entre 800.000 e 1.000.000 de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 11.200.000.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos é de 33 meses.

Data límite de solicitude

23/07/2015

Documentación

Contacto

As preguntas deben dirixirse a:
easme-cosme-design-call2015@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante