Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cooperación coa “European Trade Promotion Organisations” COS-ETPA-2015-2-01–

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Con esta convocatoria búscase lograr dous obxectivos:

• O desenvolvemento gradual de proxectos de cooperación coas organizacións nacionais de promoción do comercio, así como o fortalecemento da rede European Trade Promotion Organisations.

• Unha maior colaboración entre os Estados membros e as súas organizacións de promoción do comercio no marco do Plan de Crecemento da Comisión Europea e outras actividades de internacionalización.

Eidos de actuación

Esta convocatoria inclúe tres vertentes:

1. Mellorar a cooperación entre as organizacións de promoción do comercio e coa Comisión Europea (creación dunha axenda europea).

2. Axudar á organización de futuros plans de crecemento e o seu seguimento a través da rede de organizacións nacionais de promoción do comercio.

3. Desenvolver unha ferramenta a través dunha páxina web que pode ser útil para organizacións nacionais de promoción do comercio e a Comisión Europea co fin de asignar as actividades internacionais de promoción do comercio dentro e fóra da UE.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades legalmente establecidas. Poden ser entidades completa ou parcialmente públicas ou privadas. As entidades privadas deben estar debidamente constituídas e rexistradas baixo a lei estatal.

Os participantes deben ser organizacións, públicas, mixtas ou privadas activas e coa misión pública de deseñar e implementar unha política de internacionalización das pemes no seu Estado.

As entidades elixibles deben estar establecidas en:

• Estados membros da UE.
• Países participantes no programa COSME baixo o artigo 6 do Regulamento COSME.

Socios

• Vertente 1 y 2: Mínimo seis entidades de seis países elixibles distintos.

• Vertente 3: Mínimo tres entidades de tres países elixibles distintos.

Financiamento

• Vertente 1: Máximo de 150.000 euros, sendo a porcentaxe de cofinanciamento do 70%.

• Vertente 2: Máximo de 120.000 euros, sendo a porcentaxe de cofinanciamento do 80%.

• Vertente 3: Máximo de 30.000 euros, sendo a porcentaxe de cofinanciamento do 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 500.000 euros.

• Vertente 1: 350.000 euros.

• Vertente 2: 120.000.

• Vertente 3: 30.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 24 meses.

Data de publicación

22/01/2015

Data límite de solicitude

19/03/2015

Documentación

Contacto

Poderán enviarse consultas ao seguinte correo electrónico:

EASME-COSME-COOPETPO@ec.europa.eu

Comentarios

Os solicitantes deberán rexistrarse en http://ec.europa.eu/research/participants/portal
e seguir o procedemento de presentación de solicitudes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante