Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

COS-CLUSTER-2014-3-03 – Cluster Go International

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Intensificar un clúster europeo e a colaboración empresarial das empresas europeas de xeito internacional e apoiar o European Strategic Cluster Partnership para liderar a cooperación en áreas de interese estratéxico e no desenvolvemento de empresas emerxentes.

Eidos de actuación

Ás acciones deben centrarse na promoción para a internacionalización dun clúster europeo e implementar unha estratexia de internacionalización e de apoio para as pemes dirixida a terceiros países.

Os candidatos poden propoñer actividades que consideren relevantes pero é esencial que estean relacionadas cos obxectivos de cada área. Os candidatos só poderán presentar unha proposta para unha das fases:

• Fase 1: apoiar accións preparatorias para o establecemento de novas relacións de colaboración do European Strategic Cluster Partnerships (ESCP); das que se esperan un acordo de colaboración entre os socios, unha estratexia internacional e unha folla de ruta para a implementación de dita estratexia.

• Fase 2: apoiar a primeira implementación e desenvolvemento do European Strategic Cluster Partnerships; onde se esperan actividades de colaboración con socios internacionais e monitorizadas con indicadores verificables.

Destinatarios

Os candidatos deben ser clústers ou redes de negocios registradas ou que teñan previsto rexistrarse na Plataforma Europea de Clusters: European Cluster Platform.

As organizacións participantes deben ter sede en:

• Estados Membros da UE
• Outros países participantes do programa COSME de acordo ao artigo 6 da normativa do programa.

Socios

O requisito mínimo de 3 socios que representen a 3 países admisibles.

Financiamento

Ata qué porcentaxe dos custos do proxecto pode cubrir.

Orzamento total da convocatoria

3.750.000 euros.

Duración do proxecto

24 meses.

Data de publicación

14/01/2015

Data límite de solicitude

31/03/2015

Documentación

Contacto

As dúbidas e cuestións sobre a presente convocatoria poden dirixirse por correo electrónico á Axencia EASME: EASME-COSME-CLUSTER-INT-CALL-2014@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante