Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para facilitar os fluxos de turismo transnacional na UE de persoas maiores e da mocidade - COS-TFLOWS-2014-3-15

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais desta convocatoria son:

• Apoiar a ampliación da tempada de turismo, contribuíndo así a mellorar a competitividade das pemes e o crecemento do emprego.

• Fomentar a cooperación transnacional entre o maior número posible de actores ao longo da oferta turística.

• Facilitar as asociacións público-privadas europeas.

• Fomentar un sentimento de cidadanía europea máis profundo na xente maior e na mocidade a través do incremento da mobilización dentro da UE.

As propostas deben estar dirixidas á xente maior (máis de 55 anos) e á mocidade (entre 15 e 29 anos).

Eidos de actuación

As actividades financiadas terán que seleccionar a quen se dirixen:

• ”STRAND A”: Actividades dirixidas á xente maior. Estas propostas deben desenvolver as seguintes actividades básicas:

o Deseñar e desenvolver o concepto de produto turístico para as persoas maiores.
o Executar unha proba piloto para validar dito concepto de produto turístico.
o Medir e avaliar os resultados da proba e elaborar conclusións das leccións aprendidas.

• “STRAND B”: Actividades dirixidas á mocidade. Baixo esta liña, deséxase financiar ata 2 proxectos que deberán ser ”exemplares”; tanto en termo relativos á súa capacidade para facer fronte ás principais necesidades e dificultades que os mozos perciben como obstáculos á mobilidade transnacional, como en termos relativos á su capacidade para converterse nun modelo de referencia que sexa replicable e transferible. As propostas deben:

o Deseñar uno dos dous ”conceptos de turismo” seguintes:
 Excursións transnacionais de estudantes a destinos memorables na UE.
 Plans de mobilidade dentro da UE entre organizacións de diferentes países da UE dirixidos á mocidade.
o Executar un test piloto para probar este concepto. O test debe realizarse durante a tempada media-baixa a nivel transnacional que involucre como mínimo 2 Estados Membros.
o Medir e avaliar os resultados e elaborar conclusións das leccións aprendidas.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser organizacións legalmente constituídas. Poden ser organismos total ou parcialmente públicas, ou organismos privados. Tanto o coordinador como os socios deben ser organizacións activas no ámbito do turismo ou outro estritamente relacionado co obxecto da presente convocatoria.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente en Estados Membros ou nos países participantes no programa COSME (Art. 6 Regulación COSME).

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de modo que estea integrado por mínimo 4 socios e máximo 8, procedentes de mínimo 4 países distintos. Igualmente, a asociación terá que estar formada por:

• Unha autoridade gobernamental nacional, rexional ou local; ou unha asociación de autoridades rexionais ou locais.
• Asociación, federación ou organización activa no ámbito relativo aos mozos ou da xente maior.
• Unha peme ou asociación de pemes que actúe no sector do turismo.

Financiamento

A subvención máxima será de:

• ”STRAND A”: 220.000 euros.

• ”STRAND B”: 250.000 euros

Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 75% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 1.800.000 euros, dividido o orzamento en:

• ”STRAND A”: 1.300.000 euros.

• ”STRAND B”: 500.000 euros.

Duración do proxecto

Duración mínima de 12 meses e máxima de 15.

Data de publicación

10/10/2014

Data límite de solicitude

15/01/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EASME-COSME-TOURISM-FLOWS-CALL-2014@ec.europa.eu

As respostas serán publicadas regularmente e nun período de tempo razoable en:

http://ec.europa.eu/easme/cosme_en.htm

Procuras de Socios

Procura de socios para a convocatoria COS-TFLOWS-2014-3-15 destinado á promoción de turismo sénior e xuvenil durante tempada media e baixa

Dentro da convocatoria COS-TFLOWS-2014-3-15 da Comisión Europea para axudas a proxectos que promovan o turismo da mocidade e de persoas maiores na Unión Europea durante a tempada baixa e media, a cidade de Narni busca socios para participar na convocatoria a través do proxecto ”Route of industrial history for new generations” (R.I.H.N.G). O proxecto a desenvolver vai enfocado a un público de entre 15 e 29 anos.

A duración do proxecto é de 12 meses (de xullo 2015 a xullo 2016) e o orzamento total de 300.000€. O 75% financiado pola Unión Europea (225.000€) e o resto (75.000) cofinanciado polos socios, o 25%.

Comentarios

Os solicitantes deben rexistrase en: http://ec.europa.eu/easme/cosme_en.htm e seguir o procedemento de presentación de solicitude.

A referencia desta convocatoria é: COS-TFLOWS-2014-3-15

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante