Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Cluster Excellence Programme - COS-cluster-2014-3-04

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da convocatoria é continuar cos esforzos da UE encamiñados a reforzar a excelencia na xestión de clústeres no ámbito da Unión, como unha forma de ofrecer servizos máis profesionais ás pemes europeas a través de clústeres e polo tanto contribuír ao desenvolvemento de máis clústeres de categoría mundial na UE.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas é a primeira acción no marco do Programa de Excelencia Clúster financiada por COSME, e ten por obxecto promover a excelencia de clústeres en toda a UE en beneficio das pemes europeas que participan neles. Así, esta convocatoria axudará a organizacións de clústeres, redes empresariais e aos seus directivos para proporcionar servizos de alta calidade ás pemes en diferentes áreas, incluíndo o acceso aos mercados estranxeiros.

As organizacións de clústeres e redes de empresas interesadas deberán comprometerse nunha colaboración estratéxica orientada á industria (ou planean traballar xuntos) ao longo dunha cadea de valor común ou nun proxecto transnacional en calquera sector industrial ou de servizos, e enfróntanse a algúns retos comúns, e están dispostas a:

• Mellorar as súas prácticas de xestión, así como as súas vantaxes competitivas no mercado / ou capacidades de análise de cadeas de valor e;

• Proporcionar servizos de alta calidade ás súas pemes, especialmente na integración da creatividade no seu negocio, facilitando a internacionalización das pemes, unha mellor explotación e difusión das Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (Key Enabling Technologies (KETs)), e axudando ás pemes na protección dos dereitos de propiedade intelectual, ademais de abordar as cuestións de recursos-eficiencia dentro do seu clúster.

Eidos de actuación

As actividades elixibles son:

A. Participación en actividades de avaliación comparativa.
B. Participación en actividades de formación.
C. Identificación dos servizos prestados ás pemes e a organización de visitas de estudo.
D. Difusión, avaliación do impacto e actividades de seguimento.

Destinatarios

Poden participar organizacións de clústeres e redes de empresas que poidan demostrar que proporcionan servizos ou apoio ás empresas locais, de acordo coa definición dada na sección 5.8 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento.

Socios

Os consorcios que executen as actividades teñen que estar formados por un mínimo de tres organizacións de clústeres ou redes empresariais e proceder de polo menos tres países participantes no programa COSME.

Polo menos un dos socios participantes non debe ter ningunha experiencia anterior traballando na xestión de clústeres e non ter adquirido ningún dos distintivos ESCA de excelencia na xestión de clústeres;

As organizacións clústeres e redes de empresas deben estar tamén rexistradas na Plataforma Europea de Colaboración de Clústeres.

Financiamento

Límite máximo de cofinanciamento da UE por proxecto: 250.000 €.

A subvención da UE limítase a unha porcentaxe de cofinanciamento máxima do 95% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 1.250.000 euros

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos é de 24 meses.

Non se aceptarán solicitudes de proxectos programados para executarse durante un período maior que o establecido na presente convocatoria de propostas.

Data de publicación

29/07/2014

Data límite de solicitude

29/10/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

EASME-COSME-CLUSTER-EXC-CALL-2014@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/cosme/calls/cos-cluster-2014-3-04.html#tab2

Se se necesitan socios para participar nesta convocatoria, pódese utilizar a base de datos Cordis, onde ten a opción de crear solicitudes de asociación.

Para as persoas que xa teñen un perfil de socio na base de datos Cordis, poden seleccionar unha convocatoria COSME específica ao crear unha solicitude de asociación, para así atraer outras persoas interesadas na mesma convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante