Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - China, América Latina e o Sueste Asiático Servizos de asesoramento sobre Dereitos de Propiedade Intelectual para pemes (IPR SME Helpdesk) - COS-IPR-2014-2-05

Programa

COSME

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten como obxectivo proporcionar servizos de asesoramento e apoio ás pemes da UE que se enfrontan ás dificultades derivadas dos dereitos de propiedade intelectual de China, o Sueste Asiático, e América Latina.

Ao ofrecer asesoramento especializado a través da resposta a consultas individuais sobre negocios, ferramentas de e-learning e talleres presenciais, axudarase a que as pemes dean unha resposta práctica a retos como:

-a entrada de produtos falsificados no mercado europeo;

-protexer a súa valiosa propiedade intelectual antes de entrar e ao facer negocios en China, América Latina e o Sueste Asiático (por exemplo, o desenvolvemento do mercado alí para os seus propios produtos ou cando seguen a unha empresa, para a que foron tradicionalmente un provedor, e esta entra en China, América Latina ou o Sueste Asiático);

-a forma de atopar e traballar construtivamente coas administracións ou os provedores de servizos para facer valer os seus dereitos de propiedade intelectual neste tipo de situacións.

Eidos de actuación

Os solicitantes deberán incluír nas súas propostas a prestación dos seguintes servizos:

1. Prestación de servizos de asesoramento ás pemes da UE en materia de protección de dereitos de propiedade intelectual (DPI) e a súa execución en China, o Sueste Asiático e América Latina.
2. Desenvolvemento e publicación de materiais sobre os DPI dirixidos ás pemes europeas.
3. Formación sobre protección dos DPI e a súa execución.
4. Seguimento das políticas e lexislación sobre propiedade intelectual.
5. Prestación de servizos que favorezan a colaboración entre estas pemes.
6. Comunicación e difusión, incluíndo o aloxamento e funcionamento dun único portal web multilingüe sobre a protección dos DPI na zona xeográfica cuberta pola acción.
7. Accións conxuntas e outros servizos innovadores.

En canto ao ámbito xeográfico cuberto, os solicitantes deben ser capaces de proporcionar os servizos mencionados anteriormente nos seguintes mercados:

• Tema 1 China:

Prioridade: China.

O servizo de asesoramento tamén debe ser capaz de proporcionar folletos informativos e servizos de asesoramento especializado sobre os problemas derivados dos DPI relacionados con Hong-Kong, Macao e Taiwán.

• Tema 2 Sueste Asiático:

Prioridade: Indonesia, Thailandia e Vietnam

O servizo de asesoramento tamén debe ser capaz de proporcionar información sobre estes dereitos noutros países do sueste asiático, como Brunei, Cambodja, Laos, Malaisia, Myanmar, Filipinas e Singapur.

• Tema 3 América Latina:

Prioridade: Brasil e México

O servizo de axuda tamén debe ser capaz de proporcionar información sobre estes dereitos noutros países de América Latina, como Arxentina, Bolivia, Chile, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela; así como algúns países de América Central en función dos intereses comerciais da UE.

Os solicitantes poden presentar propostas para un, dous ou todos os temas previstos na cobertura xeográfica.

Destinatarios

As organizacións solicitantes deberán ser persoas xurídicas e estar constituídas e inscritas correctamente no Dereito nacional. Poden ser total ou parcialmente organismos públicos ou privados.

Socios

As solicitudes poden ser presentadas por unha entidade ou por varias entidades que formen un consorcio. En caso de constituír un consorcio, as entidades que o compoñan deberán elixir de entre elas un coordinador.

As organizacións solicitantes deben estar establecidas en:

-os Estados membros da UE, ou
-os países que participan no programa COSME (artigo 6 do Regulamento 1287/2013 polo que se establece o programa COSME), ou
-os países obxecto da presente convocatoria de conformidade co artigo 7 do Regulamento do programa COSME.

Financiamento

A subvención máxima será de:

• Para o Tema 1 China: 2.400.000 euros.
• Para o Tema 2 Sueste Asiático: 2.600.000 euros.
• Para o Tema 3 América Latina: 2.000.000 euros.

O consorcio seleccionado para desenvolver e manter o portal común recibirá unha contribución adicional da UE de 200.000 euros. O importe máximo de financiamento da UE destinado para cada tema non inclúe a suma asignada ao portal web común.

A Axencia Executiva para Pequenas e Medianas empresas (EASME) prevé financiar 1 proposta por cada tema.

O financiamento da Unión Europea concedida non superará o 90% dos custos subvencionables totais da acción.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 7.200.000 euros.

Duración do proxecto

Esta convocatoria financiará o funcionamento dos servizos de asesoramento para pemes sobre dereitos de propiedade intelectual de China e o Sueste Asiático durante 36 meses.

Respecto aos servizos de asesoramento para América Latina, o período de duración será de 30 meses.

Data de publicación

26/06/2014

Data límite de solicitude

10/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

EASME-COSME-IPR-3COUNTRIES-FAQs@ec.europa.eu

Comentarios

Os solicitantes deben rexistrarse en http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/cosme/index.html e seguir o procedemento para presentar as propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante