Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a Educación sobre o Emprendemento - (iniciativa de aprendizaxe empresarial paneuropea) - COS-ENTEDU-2014-4-06

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é apoiar a unha rede e un centro virtual de aprendizaxe empresarial. Será impulsado por responsables políticos e expertos cun gran coñecemento do tema, que actuarán como promotores da educación empresarial a nivel europeo, axudando a aumentar o intercambio de información e boas prácticas e a mellorar a coherencia e as sinerxias entre as iniciativas adoptadas a nivel nacional e rexional europeo.

Eidos de actuación

Os candidatos poden propoñer que as actividades cubran todo o espectro da educación formal, dende a escola primaria ata a universidade, ou en cambio poden decidir concentrar os seus recursos na educación escolar (primaria e secundaria, incluída a formación profesional de nivel secundario).

Ámbolos dous enfoques serán considerados igualmente válidos pola Comisión, en función da lóxica e a coherencia da proposta.

As actividades propostas incluirán a:

• Creación dunha ferramenta interactiva en liña para os responsables políticos e expertos neste campo, onde os participantes poderán intercambiar información e prácticas, e promover a formación do espírito empresarial a nivel europeo;

• Selección e presentación de exemplos inspiradores das iniciativas políticas e estratexias adoptadas a nivel nacional e rexional, para ser posto a disposición dos responsables políticos e de todos aqueles que estean interesados no desenvolvemento da formación do espírito empresarial;

• Organización de eventos de aprendizaxe entre iguais e destinados en particular aos directivos e funcionarios das administracións públicas que teñen a tarefa ou a ambición de desenvolver a aprendizaxe empresarial no seu país ou rexión;

• Desenvolvemento e difusión dos instrumentos destinados a recompilar información sobre o estado da educación empresarial e na avaliación do seu impacto, baseados no traballo xa realizado no ámbito europeos (é dicir, grupos de expertos, estudos e proxectos apoiados pola Comisión).

Destinatarios

As organizacións solicitantes deberán ser persoas xurídicas. Poden ser total ou parcialmente organismos públicos ou privados.

Ademais, deberán estar constituídas e inscritas no Dereito nacional correctamente.

Poden participar na convocatoria as seguintes entidades:

1) As autoridades nacionais ou rexionais (é dicir, os gobernos ou as axencias que actúan en nome do goberno) que actúen en consorcio.

2) As organizacións transnacionais, cuxa misión é a promoción e desenvolvemento da formación empresarial.

Así mesmo, tamén poden participar nesta convocatoria outros tipos de organizacións non incluídas na definición dada nos números anteriores. Non obstante deberán facelo como asociados nun consorcio, pero non poden ser o solicitante principal (o coordinador).

As devanditas organizacións deben cumprir a seguinte definición: calquera entidade pública ou privada cuxa actividade principal se centra no campo da educación empresarial.

Estas entidades poden incluír:

• administracións públicas a todos os niveis;
• autoridades locais;
• institucións educativas (escolas primarias e secundarias, escolas de formación profesional, universidades, etc);
• ONG, asociacións e fundacións que traballan en campos relacionados;
• provedores de educación e formación (públicos e privados);
• cámaras de comercio e industria e organismos similares;
• asociacións empresariais e redes de apoio ás empresas.

Socios

Só son elixibles as solicitudes de entidades xurídicas establecidas nun dos seguintes países:

-Os Estados membros da UE.

-Os países que participan no programa COSME (artigo 6 do Regulamento 1287/2013 polo que se establece o programa COSME).

Se a solicitude provén de autoridades nacionais ou rexionais e outras organizacións que actúan nun consorcio, deben pertencer a polo menos 7 países de entre os elixibles.

Se a solicitude provén dunha organización transnacional dedicada á promoción e desenvolvemento da formación do espírito empresarial, a organización debe ser activo en polo menos 7 países.

Os socios que presenten unha proposta conxunta deben elixir de entre eles unha organización que actúe como coordinador do proxecto.

Financiamento

A subvención máxima por proxecto será de 350.000 euros. Está previsto financiar unha única proposta.

A subvención da UE limítase a unha porcentaxe de cofinanciamento máxima do 90% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 350.000 euros.

Duración do proxecto

A duración do proxecto será de 36 meses.

Data de publicación

11/06/2014

Data límite de solicitude

20/08/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

EASME-COSME-ENTEDU-CALL2014@EC.EUROPA.EU

Comentarios

Os solicitantes deben rexistrarse en http://ec.europa.eu/easme/ e seguir o procedemento para presentar as propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante