Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto sobre rutas culturais e produtos de luxo COS-WP2014-3-15.02

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo deste proxecto é desenvolver e promover unha nova ruta europea baseada en produtos de luxo, para verificar a posibilidade de desenvolver sinerxías entre o sector turístico e a industria de alta gama. Só poden ser os seguintes produtos de luxo: perfumes, chocolate e coches.

Eidos de actuación

As actividades a desenvolver son: analizar o mercado (para identificar un tema común ligado ao patrimonio cultural ou a industria europea), identificar unha cartografía das atraccións, dos destinos turísticos e dos servizos culturais que poden estar ligados ao tema identificado, buscar patrocinadores, creación dun plan de acción baseado na análise de «capacidade de acollida » do produto transnacional, etc.

Destinatarios

Necesítanse socios que sexan axencias de viaxes, cámaras de comercio ou entidades similares, entidades privadas, ONGs, asociacións europeas e/ou turísticas internacionais, centros de procura e de formación ou educación, organizacións de xestión de destinos turísticos, autoridades públicas ou asociacións locais, rexionais, nacionais ou internacionais.

Ademais, deben ser entidades activas dentro do sector turístico de alta gama ou outro sector estritamente ligado co proxecto.

Teñen que estar establecidas en Estados Membros da UE ou da AELC (Islandia, Lichtenstein, Noruega e Suecia).

Socios

Formarase un consorcio que inclúa 5 participantes de 5 países diferentes. Debe haber polo menos unha entidade pública e dúas PEME.

Financiamento

A subvención máxima por proxecto será de 400.000 euros. Está previsto financiar unha única proposta.

A subvención da UE limítase a unha porcentaxe de cofinanciamento máxima do 75% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado estímase en 400.000 euros.

Duración do proxecto

O proxecto terá unha duración de 12 meses.

Data de publicación

23/06/2014

Data límite de solicitude

11/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas poderán dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico da Axencia Executiva para Pequenas e Medianas empresas (EASME):

EASME-COSME-HIGH-END-CALL-2014@ec.europa.eu

Comentarios

Os solicitantes deben rexistrarse en http://ec.europa.eu/easme/cosme_en.htm e seguir o procedemento para presentar as propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante