Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Misión comercial ”Deseño de Interiores” ( Xapón )

Programa

UE GATEWAY

Obxectivo xeral

UE Gateway é un programa comunitario cuxo obxectivo principal é servir de axuda a Empresas da Unión Europea a ter éxito en Xapón e Corea con medidas de apoio nas primeiras etapas da súa estratexia de penetración neses mercado.

Obxectivo específico da convocatoria

Dende 1994, a Unión Europea ven fomentando a exportación e o intercambio entre Europa e Xapón. Tecnoloxías de vangarda, deseños e produtos de empresas da UE foron introducidos no mercado xaponés. En xuño de 2008, a campaña convertiuse no Programa da UE Gateway. O novo programa segue apoiando as empresas europeas a establecer relacións comerciais con posibles socios xaponeses.
As empresas están invitadas a participar en misións comerciais dunha semana de duración no transcurso da cal poderán mostrar os seus produtos a posibles clientes xaponeses ou coreanos.

Eidos de actuación

PRODUTOS:
Produtos de interiores, que teñan un deseño contemporáneo e que introduzan novidades no sector: Iluminación de interiores, mobles pequenos, acabados téxtis, papel de paredes decorativo, alfombras, cortinas, persianas, obxectos decorativos como reloxes, cerámica e vaixela e cubertería de alta gama.

Destinatarios

Para participar no programa EU Gateway a empresa europea debe cumplir os seguintes criterios:
1) Ter máis de cinco anos de existencia
2) Con capital social de orixe europeo
3)Activa nos sectores de actividade do programa
4) Con experiencia previa en cooperación comercial internacional
5) Cunha sólida estratexia de acceso aos mercados xaponés ou coreano.
Cada empresa pode participar nun máximo de cinco misións comerciais.

Financiamento

EU Gateway financiará ata 1000 € de custos de aloxamento (unha habitación por empresa) e ata o 80% dos custos dos servizos persoalizados ata totalizar 1600 € por compañía.
O programa ofrece os seguintes beneficios ás compañías europeas:
- Servizos de asesoramento profesional dirixidos á explotación dos seus negocios nos novos mercados.
- Asistencia no desenvolvemento e posta en marcha da plataforma de asociación con empresas xaponesas ou coreanas.
- Soporte loxístico durante a semana que dura a misión comercial (viaxe, aloxamento e contactos).
- Servizos persoalizados: interpretes, traducción de documentos, impresión de folletos, ...

Duración do proxecto

Do 24 ao 28 de outubro de 2011

Data de publicación

28/02/2011

Data límite de solicitude

03/06/2011

Documentación

Contacto

EU Gateway Programme Office
Oficina da Comisión Europea en Xapón
Tokio
Tel.: 03-5228-0630
Fax: 03-5228-0631
E-mail: gatewayoffice@witan.co.jp

Comentarios

O formulario de candidatura poderase cumprimentar a través da web do programa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante