Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Misión comercial ”Construcción e tecnoloxías da edificación” ( Xapón )

Programa

UE GATEWAY

Obxectivo xeral

UE Gateway é un programa comunitario cuxo obxectivo principal é servir de axuda a empresas da Unión Europea a ter éxito en Xapón e Corea con medidas de apoio nas primeiras etapas da súa estratexia de penetración neses mercados.

Obxectivo específico da convocatoria

Dende 1994, a Unión Europea ven fomentando a exportación e o intercambio entre Europa e Xapón. Tecnoloxías de vangarda, deseños e produtos de empresas da UE foron introducidos no mercado xaponés. En xuño de 2008, a campaña converteuse no Programa da UE Gateway. Este novo programa segue apoiando ás empresas europeas a establecer relacións comerciais con posibles socios xaponeses.

Eidos de actuación

PRODUTOS:
Tecnoloxías e materiais relacionados coa enxeñería, deseño, construcción, montaxe, arranxo e o acabado de edificios públicos e privados, e obras de infraestructuras ( carreteras, aeroportos, portos,...)

Destinatarios

Empresas e PEMES cos seguintes requisitos:
1) Ter máis de cinco anos de existencia
2) Con capital social de orixe europeo
3) Activa nos sectores da actividade do programa,
4) Con experiencia previa na cooperación comercial internacional
5) Cunha sólida estratexia de acceso aos mercados xaponés ou coreano.
Cada empresa pode participar nun máximo de cinco misións comerciais

Financiamento

EU Gateway financiará ata o 1000 € dos custos de aloxamento (unha habitación por empresa) e ata o 80% dos custos dos servizos persoalizados ata totalizar 1600 € por empresa.
Serán financiados:
- Servizos de asesoramento profesional dirixidos á explotación dos seus negocios nos novos mercados.
- Asistencia no desenvolvemento e posta en marcha da plataforma de asociación con empresas xaponesas ou coreanas.
- Soporte loxístico durante a semana que dura a misión comercial (viaxe, aloxamento e contactos).
- Servizos persoalizados: interpretes, traducción de documentos, impresión de folletos, etc.

Duración do proxecto

Do 12 ao 16 de setembro de 2011

Data de publicación

28/02/2011

Data límite de solicitude

22/04/2011

Documentación

Contacto

EU Gateway Programme Office
Oficina da Comisión Europea en Xapón
- Tokio
Tel.: 03-5228-0630
Fax: 03-5228-0631
E-mail: gatewayoffice@witan.co.jp

Comentarios

O formulario da candidatura poderase cumprimentar a través da web do programa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante