Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Empresas da UE que acollan estudantes xaponeses - VULCANUS 2012

Programa

VULCANUS

Obxectivo xeral

O programa Vulcanus en Europa ofrece a posibilidade de que un estudante obteña unha bolsa de 8 meses nunha compañía, co fin de proporcionar un valor engadido á empresa e unha útil experiencia para o bolseiro.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Proveer a compañías europeas con estudantes nipóns que como bolseiros axuden á empresa no seu desenvolvemento de negocios con Xapón.

  • Familiarizar a un conxunto de futuros executivos xaponeses coa cultura de negocios europea, a súa estrutura económica e as súas institucións de xeito que poidan axudar á súa futura empresa nas súas relacións empresariais con Europa.

Eidos de actuación

As características do aprendiz serán:

  • En función das necesidades que exprese a compañía.

  • O ser dos mellores estudantes xaponeses do 3º ou 4º curso universitario ou postgrao nas seguintes disciplinas:

    • Enxeñería (mecánica, eléctrica, electrónica, civil, nuclear...)
    • Arquitectura
    • Bioloxía

    • Química
    • Biotecnoloxía
    • Física
    • Materiais metálicos
    • Cerámica
    • Informática
    • Telecomunicacións
    • Sistemas produtivos...
  • En virtude do expediente académico, a opinión do seu titor/a e a motivación e adaptabilidade do estudante.

A empresa elixirá entre unha serie de candidatos propostos por Vulcanus.

Antes do comezo da estadía, o Centro UE-Xapón ofrece un curso intensivo de 16 semanas sobre a lingua do país da empresa e un seminario en Bruxelas sobre a UE, a súa cultura e industria.

Destinatarios

Compañías europeas do sector industrial da UE, teñan ou non establecido contactos empresariais previos con Xapón.

Financiamento

A empresa deberá cubrir:

  • Unha contribución de 6.600 euros netos.

  • Aqueles impostos e custos vinculados ao salario, visado ou permiso de traballo en caso de os haber.

Duración do proxecto

Os aprendices estarán na empresa de agosto de 2012 a marzo de 2013.

Data de publicación

10/05/2011

Data límite de solicitude

30/09/2011

Documentación

Contacto

E-mail xeral: vulcanus@eujapan.com

Margherita Rosada
Vulcanus Manager
Tel.: +32 (0)2 282 37 15
Fax: +32 (0)2 282 00 45

Trinidad Iglesias
Coordinadora Vulcanus
Tel.: +32 (0)2 282 00 40
Fax: +32 (0)2 282 00 45

Comentarios

Este programa, iniciado en 1996 por iniciativa da Comisión Europea e o Ministerio xaponés de Economía, Comercio e Industria, tén o propósito de contribuír á mellora e estímulo da cooperación industrial e entendemento mutuo entre Xapón e a UE.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante