Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa LIFE 2016 – Convocatorias do Subprograma Acción polo Clima

Programa

LIFE (2014-2020)

Obxectivo xeral

Contribuír á implementación, actualización e desenvolvemento das políticas e da lexislación comunitaria de medio ambiente e clima cofinanciando proxectos que teñan valor europeo engadido.

Eidos de actuación

Tres tipos de proxectos:
Proxectos “tradicionais”,
Proxectos integrados,
Proxectos de Asistencia Técnica.


Os proxectos “tradicionais” engloban as seguintes áreas:


-LIFE Mitigación do Cambio Climático.
Boas prácticas e proxectos piloto e de demostración que contribúan á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, á implementación e desenvolvemento da política e a lexislación da Unión en materia de mitigación do cambio climático, incluíndo a transversalidade entre áreas, particularmente desenvolvendo, probando e demostrando, desde unha perspectiva de política e xestión, boas prácticas e solucións para a mitigación do cambio climático.
Tamén accións que melloren o coñecemento básico para o desenvolvemento, avaliación, monitorización, avaliación e implementación de accións efectivas de mitigación do cambio climático.


-LIFE Adaptación ó Cambio Climático.
Boas prácticas e proxectos piloto e de demostración que contribúan a apoiar os esforzos realizados para aumentar a resiliencia ante o cambio climático, ó desenvolvemento e implementación da política da Unión en materia de adaptación o cambio climático (incluíndo a transversalidade entre áreas, particularmente desenvolvendo, probando e demostrando, desde unha perspectiva de política e xestión, boas prácticas e solucións para a adaptación ó cambio climático incluíndo, cando sexa axeitado, perspectivas baseadas nos ecosistemas.
Tamén accións que melloren o coñecemento básico para o desenvolvemento, avaliación, monitorización, avaliación e implementación de accións efectivas de adaptación ó cambio climático.


LIFE Gobernanza e Información Climática.
Proxectos de información, sensibilización e difusión que promovan a concienciación en materia climática, incluíndo a xeración de apoio público ás políticas da Unión en materia climática e promovendo o coñecemento acerca do desenvolvemento sostible.
Outras accións refírense ó apoio á comunicación, xestión e promoción da información no eido climático e facilitar o intercambio de coñecemento en solucións exitosas e boas prácticas desenvolvendo plataformas de cooperación entre interesados.


Os proxectos integrados son os que implementan a gran escala territorial (rexional, multi-rexional, nacional ou transnacional) plans de acción climática ou estratexias requiridas especificamente pola lexislación climática comunitaria, desenvolvida segundo establecen outras leis comunitarias ou as autoridades dos Estados Membros, fundamentalmente nos eidos de mitigación e adaptación ó cambio climático, e ó mesmo tempo garante a implicación dos stakeholders e promove a coordinación con, polo menos, outra fonte de recursos da Unión (pública ou privada).


Os proxectos de asistencia técnica ofrecen apoio financeiro para axudar ós solicitantes a preparar proxectos integrados.

Destinatarios

As propostas poden ser remitidas por entidades legais rexistradas na UE. Ademais, os beneficiarios deberán encaixar nalgunha destas categorías:
1)Entidades públicas.
2)Organizacións comerciais privadas.
3)Organizacións privadas non comerciais (incluídas ONGs).

Financiamento

A taxa cofinanciamento dos proxectos LIFE será do 60%, agás no caso de accións en materia de hábitats e especies protexidas, onde se alcanzará o 75%, así como en materia de capacitación das administracións públicas, onde o financiamento representa o total dos custos elixibles.
A taxa para os proxectos integrados é sempre do 60%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para as accións do subprograma de Acción polo Clima é de 63.3 millóns de euros.

Data de publicación

19/05/2016

Data límite de solicitude

26/09/2016

Documentación

Contacto

Punto de contacto nacional:
Luis Ángel Díez Orejas
Ministerio de Agricultura, alimentación e medioambiente
Subdirector Xeral da Oficina Presupostaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
E - 28071 Madrid
Tel +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22
E-mail: bzn-life@magrama.es

Comentarios

Datas límite:
Proxectos “tradicionais”: 15 de setembro
Proxectos preparatorios: 20 de setembro
Proxectos integrados: 26 de setembro
Proxectos de Asistencia Técnica: 15 de setembro

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante