Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa LIFE 2016 – Convocatorias do Subprograma de Medio Ambiente

Programa

LIFE (2014-2020)

Obxectivo xeral

Contribuír á implementación, actualización e desenvolvemento das políticas e da lexislación comunitaria de medio ambiente e clima cofinanciando proxectos que teñan valor europeo engadido.

Eidos de actuación

Catro tipos de proxectos:
Proxectos “tradicionais”,
Proxectos preparatorios,
Proxectos integrados,
Proxectos de Asistencia Técnica.


Os proxectos “tradicionais” engloban as seguintes areas:

LIFE Natureza e Biodiversidade.
Boas prácticas, proxectos piloto e de demostración que contribúan á implementación das directivas de Paxaros e Habitats (Birds and Habitats) e a Estratexia da Unión para a Biodiversidade 2020, así como o desenvolvemento, implementación e xestión da rede Natura 2000.

LIFE Medio ambiente e eficiencia dos recursos.
Proxectos piloto e de demostración que desenvolvan, testen e demostren, desde unha perspectiva de política ou xestión, boas prácticas e solucións, incluíndo o desenvolvemento e demostración de tecnoloxías innovadoras, para desafíos medioambientais, e que sexan susceptibles de ser repetidas, transferidas ou xeralizadas.
Incluirase a vinculación entre a saúde e o medioambiente e o apoio ás políticas e lexislacións de eficiencia de recursos, incluída a Folla de Ruta para unha Europa de Recursos Eficientes (Roadmap to a Resource Efficient Europe).



LIFE Gobernanza ambiental e información.
Proxectos de información, sensibilización e difusión que promovan a concienciación en materia medioambiental, incluíndo a xeración de apoio público ás políticas da Unión en materia medioambiental e promovendo o coñecemento acerca do desenvolvemento sostible e novos patróns para un consumo sostible.
Outras accións refírense ó apoio á comunicación, xestión e promoción da información no eido do medioambiente e facilitar o intercambio de coñecemento en solucións exitosas e boas prácticas desenvolvemento plataformas de cooperación entre interesados.



Os proxectos preparatorios encaran as necesidades especiais para o desenvolvemento e a implementación da lexislación comunitaria en materia de medioambiente.



Os proxectos integrados son os que implementan a gran escala territorial (rexional, multi-rexional, nacional ou transnacional) plans de medioambiente ou estratexias requiridas específicamente pola lexislación medioambiental comunitaria, desenvolvida segundo establecen outras leis comunitarias ou as autoridades dos Estados Membros, fundamentalmente nos eidos de natureza (incluso a xestión da rede Natura 2000), auga, residuos e aire, e ó mesmo tempo garante a implicación dos stakeholders e promove a coordinación con, polo menos, outra fonte de recursos da Unión (pública ou privada).



Os proxectos de asistencia técnica ofrecen apoio financeiro para axudar ós solicitantes a preparar proxectos integrados.

Destinatarios

As propostas poden ser remitidas por entidades legais rexistradas na UE. Ademais, os beneficiarios deberán encaixar nalgunha destas categorías:
1)Entidades públicas.
2)Organizacións comerciais privadas.
3)Organizacións privadas non comerciais (incluídas ONGs).

Financiamento

A taxa cofinanciamento dos proxectos LIFE será do 60%, agás no caso de accións en materia de hábitats e especies protexidas, onde se alcanzará o 75%, así como en materia de capacitación das administracións públicas, onde o financiamento representa o total dos custos elixibles.
A taxa para os proxectos integrados é sempre do 60%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para as accións do subprograma de Medio Ambiente é de 273,936.184 euros.
Polo menos o 55% dos recursos orzamentarios deberán dedicarse a proxectos que apoien a conservación da natureza e a biodiversidade.

Data de publicación

19/05/2016

Data límite de solicitude

26/09/2016

Documentación

Contacto

Punto de contacto nacional:
Luis Ángel Díez Orejas
Ministerio de Agricultura, alimentación e medioambiente
Subdirector Xeral da Oficina Presupostaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
E - 28071 Madrid
Tel +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22
E-mail: bzn-life@magrama.es

Comentarios

Datas límite de solicitude:
Proxectos “tradicionais”: 15 de setembro
Proxectos preparatorios: 20 de setembro
Proxectos integrados: 26 de setembro
Proxectos de Asistencia Técnica: 15 de setembro

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante