Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións LIFE

Programa

LIFE (2014-2020)

Obxectivo xeral

A Comisión convoca para presentar propostas para a obtención de subvencións no programa LIFE, para os subprogramas de Medio ambiente e o de Accións climáticas.

Obxectivo específico da convocatoria

Financiar diversos tipos de proxectos:


  • Proxectos tradicionais.


  • Proxectos preparatorios.


  • Proxectos integrados.


  • Proxectos de asistencia técnica.


  • Proxectos construción de capacidades.

Eidos de actuación

1. Os proxectos tradicionais poden cobren as seguintes áreas de prioridade:


Baixo o subprograma de Medio:


  • LIFE Natureza e biodiversidade.


  • LIFE Medio e eficiencia dos recursos.


  • LIFE Gobernanza ambiental e información.


Baixo o subprograma de Acción Climática:


  • LIFE Redución do cambio climático.


  • LIFE Adaptación ao cambio climático.


  • LIFE Gobernanza climática e información.


Os proxectos ”Tradicionais” poden ser de boas prácticas, demostración, pilotos ou de información, sensibilización e divulgación.


  • Os proxectos de boas prácticas aplican novas técnicas, métodos e enfoques apropiados para a asignación efectiva dos custos.


  • Os proxectos de demostración poñen en práctica, examinan, avalían e diseminan accións, metodoloxías e enfoques novos ou descoñecidos no contexto específico, sexa xeográfico, ecolóxico e socio-económico, e que podería ser aplicado noutras circunstancias.


  • Os proxectos pilotos aplican unha técnica ou método que non foi aplicado ou examinado previamente e que ofrece potenciais vantaxes ambientais ou climáticas en comparación coas prácticas actuais e que poderían ser aplicados noutros lugares en circunstancias similares.


  • Os proxectos de información, sensibilización e diseminación pretender apoiar a comunicación, diseminación de información e concienciación nos campos dos subprogramas para o Medio e a Acción Climática.


2.Os proxectos de preparación abordan necesidades específicas para o desenvolvemento e a implementación da unión medio ambiental e a política e lexislación climática.


3. Os proxectos integrados:


  • Os proxectos integrados incluídos no subprograma para o medio son proxectos que implementar plans ou estratexias ambientais a grande escala (rexional, multi-rexional, nacional ou transnacional) requiridos pola lexislación específica da UE, desenvolvidos en virtude a outros actos da unión ou polas autoridades dos Estados Membros, principalmente nas áreas da natureza (incluíndo a xestión da rede Natura 2000), a auga, residuos e aire, á vez que se asegura a involucración dos interesados e a promoción da coordinación con polo menos outra fonte de financiamento da UE, nacional ou privada.


  • Os proxectos integrados incluídos no subprograma de Acción Climática son proxectos que implementar plans, estratexias e follas de ruta de acción climática a grande escala (rexional, multi-rexional, nacional e transnacional) requiridos pola lexislación específica da UE, desenvolvidos en virtude a outros actos da unión ou polas autoridades dos Estados Membros, principalmente nas áreas da redución e adaptación ao cambio climático, á vez que se asegura a involucración dos interesados e a promoción da coordinación con polo menos outra fonte de financiamento da UE, nacional ou privada.


4. Proxectos de asistencia técnica


Os proxectos de asistencia técnica proporcionan, a través de subvencións, apoio financeiro aos solicitantes para axudarlles a prepararse proxectos integrados.


5. Proxectos de construción de capacidades


Proporcionan apoio financeiro ás actividades requiridas para construír a capacidade dos Estados Membros, incluíndo os puntos de contacto LIFE nacionais e rexionais, con vista a facilitar a que os Estados Membros poidan participar dun xeito máis efectivo no programa LIFE.

Destinatarios

Existen tres tipos de beneficiarios:


  • Organismos públicos.


  • Organizacións privadas comerciais.


  • Organizacións privados non comerciais (incluíndo ONGs).

Socios

Persoas ou entidades con personalidade xurídica na UE.

Financiamento

240.811.337 euros, dos cales 184.141.337 están dedicados ao subprograma de Medio e 56.670.000 para as Acción Climática. Polo menos un 55% dos recursos orzamentarios destinados a proxectos apoiados por subvencións provenientes do sub-programa Medio Ambiental deberán ser dedicados a proxectos que subvencionen a conservación da natureza e da biodiversidade.

Orzamento total da convocatoria

240.811.337 euros.

Data de publicación

01/06/2015

Data límite de solicitude

07/10/2015

Contacto

Subdirección Xeral da Oficina Presupostaria
Praza de San Juan de la Cruz s/n
L -28071 Madrid
Tel: 91 347 52 31; 91 347 52 22
Correo Electrónico: bzn-life@magrama.es

Comentarios

Os Estados Membros poderán ofrecer, de xeito voluntario, apoio aos solicitantes e invitalos a enviar as súas propostas a estes co fin de axudalos a preparalas mellor.


Para cada proxecto existe unha guía de aplicación dispoñible con información extra e os formularios pertinentes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante