Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para medidas de información no eido da Política Agrícola Común (2011)

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas ten por obxecto financiar medidas de información con cargo aos créditos orzamentarios do exercizo de 2012. A presente convocatoria de propostas refírese a medidas de información que se levarán a cabo (incluíndo preparación, execución, se­guimento e avaliación) entre o 1 de marzo de 2012 e o 28 de febreiro de 2013.

Obxectivo específico da convocatoria

As medidas deberán poñer en alza a función e a utilidade da PAC como política común da UE que responde ás necesidades e expectativas da sociedade e apunta aos seguintes obxectivos:

— Facer fronte aos desafíos que levan aparellados a seguridade alimenta­ria, o cambio climático, a utilización sustentable dos recursos naturais e o desenvolvemento equilibrado do territorio.

— Axudar ao sector agrario a facer fronte aos efectos da crise económica e a crecente volatilidade dos prezos agrícolas.

— Contribuír a impulsar un crecemento intelixente, sustentable e integrador, tal e como se define na estratexia Europa 2020.

Eidos de actuación

Na presente convocatoria de propostas, a Comisión desexa apoiar dous tipos de medidas integradas de comunicación pú­blica:

— a escala nacional, federando a diversos socios en torno a un proxecto común de grande envergadura;

— a escala europea, no maior número posible de Estados membros co fin de aumentar a súa repercusión.

As medidas de información deberán consistir en campañas informativas de grande envergadura, que incluirán unha ou varias das seguintes actividades: produción e distribución de material multimedia e/ou audiovisual de carácter innovador e orixinal, campañas públicas de fixación de carteis, actividades do tipo ”granxa na cidade”, actividades nos medios de comunicación e conferencias, grupos de traballo, etc.

Destinatarios

O público destinatario dos proxectos desenvoltos ao amparo da presente convocatoria é o público en xeral (principalmente os mozos das zonas urbanas), ademais dos medios de comunicación, a sociedade civil e as partes interesadas do mundo rural.

Financiamento

A contribución da Comisión ás solicitudes seleccionadas está limitada ao 50 % dos custos totais subvencionables. O importe da subvención deberá estar comprendido entre 100 000 e 500 000 euros.

No caso das medidas de información de carácter excepcio­nal, a porcentaxe da contribución da Comisión poderá chegar ata un 75%, se así o solicita o candidato.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para as medidas de información que deben executarse na presente convocatoria de propostas ascende a 3 250 000 euros.

Duración do proxecto

A presente convocatoria de propostas refírese a medidas de información que se levarán a cabo entre o 1 de marzo de 2012 e o 28 de febreiro de 2013, pero cuia execución se deberá desenvolver obrigatoriamente en 2012.

Data de publicación

19/07/2011

Data límite de solicitude

30/09/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Unidad AGRI. K.1.
Convocatoria de propuestas 2011/C /…
A la atención de Angela Filote
L130 4/148A
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË


AGRI-GRANTS-APPLICATIONS-ONLY@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude debe redactarse nunha das linguas oficiais da Unión. Non obstante, co fin de facilitar a rápida tramitación das súas solicitudes, suxírese aos solicitantes que presenten a súa solicitude en inglés ou francés.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante