Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (2010)

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

As medidas que se propoñan deberán ter como obxectivo contribuír a explicar e facer entender mellor as propostas da Comisión Europea relacionadas coa reforma da política agrícola común (PAC) que se presentarán ao Consello e ao Parlamento Europeo no 2011. A Comisión desexa por tanto, darlle prioridade as seguintes actividades:
1. Explicar e debater co público en xeral e especialmente co público novo e urbano, así como valorar a función e a utilidade dunha política agrícola común forte, sostible e equilibrada.
2. Examinar e debater cos interesados do sector agrario, do resto da cadea de subministro e das zonas rurais as novas orientacións da PAC.
3. Debater a política da UE en materia da calidade dos produtos agrícolas.

Eidos de actuación

As accións que poderán ser financiadas son:
• Campañas informativas.
• Produción de ferramentas visuais, sonoras e audiovisuais.
• Actividades dirixidas a escolas e universidades.
• Produción e distribución de material multimedia ou audiovisual.
• Actividades nos medios de comunicación.
• Conferencias, seminarios e obradoiros especializados dirixidos a xornalistas.
• Visitas de intercambio de información, en especial entre os novos e os vellos Estados membros.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros por un período mínimo de dous anos. En particular serán:
• Organizacións de agricultores e de desenvolvemento rural.
• Asociacións de consumidores.
• Asociacións de protección do medio ambiente.
• Organizacións non gobernamentais.
• Poderes públicos dos Estados membros.
• Medios de comunicación.
• Centros escolares e universitarios

Socios

Non se establece a obriga de contar con socios nesta convocatoria.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 50% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 3.250.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración máxima de 12 meses.

Data límite de solicitude

05/11/2010

Documentación

Contacto

AGRI-GRANTS@ec.europa.eu

Comentarios

As accións realizaranse entre o 1 de maio do 2011 e o 30 de abril do 2012.
O importe das subvencións será entre 20.000 e 300.000 euros.
Os gastos de persoal son obxecto dun pago a tanto alzado de 10.000 euros.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante