Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axudas para medidas de información no eido da Política Agrícola Común (2009)

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

• Contribuír á explicación da PAC, e á aplicación e desenvolvemento da devandita política
• Fomentar o modelo de agricultura europea e contribuír á súa comprensión
• Informar os agricultores e aos demais axentes do mundo rural
• Sensibilizar á opinión pública sobre os retos e os obxectivos desta política

Obxectivo específico da convocatoria

• Elevar o nivel de percepción da PAC entre o público en xeral (incluíndo a súa dimensión de desenvolvemento rural) nos Estados membros; difundir ao público en xeral o papel multifuncional dos agricultores da UE (os agricultores como garantes da conservación da nosa herdanza natural común e motor económico de certas áreas)
• Abordar coas comunidades agrícolas das zonas rurais as oportunidades e os beneficios que os dous piares da PAC supón para o sector agrícola e para o desenvolvemento equilibrado das rexións rurais.
• Difundir entre o público a Política Agrícola Común reformado (PAC) e en particular:
- A necesidade de responder mellor ás oportunidades de mercado.
- A simplificación e a mellor asignación da axuda directa aos agricultores.
- A consolidación da política de desenvolvemento rural para responder aos novos desafíos, principalmente relacionados co cambio climático, a xestión da auga, as enerxías renovables e a biodiversidade.
• Examinar os réximes da UE dentro da PAC tendentes a promover unha dieta máis sa e uns hábitos alimentarios saudables, especialmente froitas e verduras para os nenos en idade escolar.
• Debater a política da UE en materia de calidade dos produtos agrícolas.
• Abordar coas comunidades agrícolas e o público en xeral as perspectivas de evolución da PAC a medio e longo prazo.

Eidos de actuación

Subvencionaranse as seguintes accións:

• Programas en radio e televisión (documentais, debates...)
• Producións visuais, sonoras e audiovisuais, e a súa distribución.
• Actividades dirixidas aos colexios e universidades.
• Conferencias, seminarios e talleres de traballo (incluídos os itinerantes, especialmente en zonas rurais).
• Visitas de intercambio de información, en especial entre os antigos Estados membros e os novos.
• Pavillóns de información en feiras agrícolas.
• Campañas de información que inclúan varios tipos de medidas de información.
• Outros tipos de medidas de información, como publicacións e sitios web, só serán tidas en conta se se realizan nalgún dos doce novos Estados membros.

Destinatarios

Persoas xurídicas establecidas legalmente nun Estado membro durante dous anos como mínimo, en particular:
• Agricultores ou organizacións de desenvolvemento rural.
• Asociacións de consumidores.
• Asociacións de protección do medio ambiente.
• Poderes públicos dos Estados membros.
• Medios de comunicación.
• Universidades.

Financiamento

O importe da subvención solicitada da Comisión deberá estar comprendido entre 20.000 e 200.000 euros por cada medida de información.
A contribución da Comisión ás medidas de información seleccionada está limitada ao 50% dos custos totais subvencionables, excluíndo os gastos de persoal, polos que aboarase unha cantidade a tanto alzado (máximo 10 000 euros).
Excepcionalmente esta procentaxe pode aumentar ata un 75%.

Orzamento total da convocatoria

3.250.000 euros.

Data límite de solicitude

31/10/2009

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Unidade AGRI B1, L 130 4/148ª
Sr. Leguen de Lacroix
Rue de la Loi, 200
B-1049 – Bruselas
AGRI-GRANTS@cec.eu.int


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante