Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas « Axuda para medidas de información no eido da política agrícola común (PAC)» para 2015 - 2014/C 383/06

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO EIDO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

A presente convocatoria está dirixida a apoiar medidas de información que teñan como obxectivo contribuír a explicar, aplicar e desenvolver a PAC e sensibilizar á opinión pública sobre o seu contido e obxectivos.

Nas medidas dirixidas aos cidadáns, os temas prioritarios versarán sobre cuestións xerais sobre a PAC e centraranse en: seguridade alimentaria, xestión sostible de recursos naturais e desenvolvemento de zonas rurais. Estas acciones teñen como obxectivo informar a un gran número de persoas sobre cuestións básicas relativas á nova PAC.

No caso dos actores rurais, as accións centraranse na aplicación das medidas introducidas no marco da recente reforma da PAC e en cuestiones específicas relacionadas coas iniciativas políticas postas en marcha trala reforma da PAC, como a «agricultura ecolóxica».

Eidos de actuación

Son subvencionables dous tipos de accións de comunicación pública integrada:

1. A escala nacional (non son subvencionables as accións con repercusións exclusivamente a escala rexional);

2. A escala europea (con repercusións en varios Estados Membros).

As accións deberán comprender varias das actividades ou instrumentos de comunicación tales como:

• Produción e distribución de material multimedia ou audiovisual.
• Produción e distribución de material impreso (publicacións, carteis, etc.).
• Creación de instrumentos en Internet e a través das redes sociais.
• Actividades nos medios de comunicación.
• Conferencias, seminarios, talleres e estudos sobre temas relacionados coa PAC.
• Actividades do tipo «granxa na ciudade» que axuden a explicar a importancia da agricultura á poboación urbana.
• Acontecementos do tipo «portas abertas» encamiñados a mostrar aos cidadáns a función da agricultura.
• Exhibicións estáticas ou móbiles ou puntos de información.

Destinatarios

O solicitante (e, no seu caso, as súas entidades afiliadas) será unha entidade xurídica establecida nun Estado Membro da UE. As entidades que non teñan personalidade xurídica conforme ao Dereito nacional aplicable poderán ser solicitantes subvencionables, a condición de que os seus representantes teñan capacidade para contraer obrigacións xurídicas no seu nome e ofrezan garantías de protección dos intereses financeiros da Unión equivalentes ás ofrecidas polas persoas xurídicas e aportar probas de que dispoñen de capacidade financeira e operativa equivalente á das persoas xurídicas.

Financiamento

A cantidade da axuda oscilará entre 75.000 e 300.000 euros.

Financiarase o 50% dos custes directos subvencionables. Será subvencionable, en concepto dos custes indirectos, unha contribución fixa correspondente ao 7 % do total dos custes directos subvencionables da acción, que representa os gastos administrativos xerais do beneficiario considerados imputables á acción.

Orzamento total da convocatoria

3.000.000 de euros

Duración do proxecto

Dende o 1 de maio de 2015 ata o 30 de abril de 2016.

Data de publicación

29/10/2014

Data límite de solicitude

05/01/2015

Documentación

Contacto

Para calquera pregunta sobre a convocatoria, pódese enviar un correo electrónico a:

agri-grants@ec.europa.eu

A data límite de envío de preguntas é o 15 de decembro de 2014 ás 12 da noite. As preguntas y respostas máis relevantes publicaranse en:

http://ec.europa.eu/agriculture/grants-for-information-measures/

Comentarios

Os formularios de solicitude están dispoñibles en:

http://ec.europa.eu/agriculture/grants-for-information-measures/

As solicitudes presentaranse no formulario adecuado, debidamente cumplimentadas, datadas, acompañadas dun orzamento equilibrado (ingresos/gastos) e asinadas pola persoa autorizada a comprometer xuridicamente ao organismo solicitante.

Toda información complementaria que o solicitante considere necesaria poderá presentarse en follas separadas.

As solicitudes deberán enviarse á dirección seguinte:

Comisión Europea
Unidad AGRI. E.5
Convocatoria de propuestas 2014/C 383/06
A la atención del Jefe de Unidad
L130 4/148A
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Deberán enviarse por correo postal, dando fe da data de envío o cuño de correos; ou por servizo de mensaxería, dando fe a data de recepción polo servizo de mensaxería. Os solicitantes deberán enviar tamén unha copia electrónica da solicitude por correo electrónico a:

agri-grants-applications-only@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante